Pedro Andreu Lapiedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pedro Andreu»)
Pedro Andreu
Nome completoPedro Andreu Lapiedra
Data nacemento15 de abril de 1966, Zaragoza, Aragón
Nado enZaragoza
OcupaciónMúsico
XéneroRock
Instrumento(s)Batería, Guitarra
Selo(s) discográfico(s)EMI
Relacionado conHéroes del Silencio
Puravida
Tempo en activo1985-1996, 1999-2001, 2007
Na rede
Facebook: pedroandreuhds Instagram: pedroandreuhds Musicbrainz: bd0256b5-79f6-4dd6-99b1-defe67f9d8c1 Discogs: 602030 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pedro Andreu Lapiedra, nado en Zaragoza o 15 de abril de 1965, é un músico español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Pedro involúcrase na música desde pequeno. Gustábanlle The Beatles, froito diso, o seu primeiro grupo facía versións deles. Ese primeiro grupo chamábase Modos.

Héroes del Silencio[editar | editar a fonte]

En 1985 pasa a formar parte de Héroes del Silencio. Antes da súa chegada, o grupo facía o que podía cunha caixa de ritmos. Mentres tanto traballaba no grupo "Niños de Brasil".

  • Distínguense dúas etapas en Héroes:
  1. A primeira chega até o disco Senderos de traición, onde ten influencias de Larry Mullen Jr., Stewart Copeland e algúns outros.
  2. Na segunda etapa, Pedro métese máis no rock, o cal nótase nos seguintes discos. Ten influencias americanas coma Gran Funk Railroad, Lynyrd Skynyrd, AC/DC, Def Leppard, The Cult, ZZ Top...

Trala disolución de Héroes[editar | editar a fonte]

Trala separación comeza a crear cancións para o seu grupo Puravida, formado en 1999, no que toca a guitarra e no que é vocalista. Grava o disco Donde el corazón me lleve, sendo o batería deste disco Carlos Gamón, o batería da tamén banda zaragozana Amaral.

En maio de 2001, Pedro comeza a traballar, no seu estudo "Atico 13", xunto con DJ Aka Positive (Luis Sancho) e forman DAB (Digital Analog Band). O dúo gravou Café del Mar The Best no 2000 e Café del Mar The Best 2 no 2006.

En febreiro de 2007 anunciaba, xunto cos outros compañeiros do grupo, o retorno de Héroes del Silencio aos escenarios, nunha xira mundial de dez concertos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]