Pedro Américo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Américo de Figueiredo e Melo
Pamerico.JPG
Profesión: pintor, romancista e poeta
País: Flag of Brazil.svg Brasil
Nado en: 29 de abril de 1843
Lugar de nacemento: Areia, Paraíba, Brasil
Faleceu en: 7 de outubro de 1905
Lugar: Florencia, Italia


Pedro Américo de Figueiredo e Melo foi un pintor académico brasileiro do século XIX e tamén romancista e poeta.

Nado en Areia, na entón província (hoxe estado) de Paraíba o 1843, mudouse para o Río de Xaneiro o 1854, onde obtivo unha bolsa de estudos na Academía Imperial de Belas Artes. Posteriormente concluiu os seus estudos en París, na École National Superiéure des Beaux-Arts, tornandose alumno de Jean Auguste Dominique Ingres, Jean-Hippolyte Flandrin e Carle-Horace Vernet e recebendo premios polos seus traballos. Ele obtivo o doutorado en ciéncias na Universidade de Bruxelas o 1868.

Independencia ou Morte, o máis coñecido traballo de Pedro Américo.

Retornando ao Brasil, produciu diversas obras primas, dentre elas a máis coñecida Independencia ou Morte, unha alegoría da proclamación da independencia brasileira polo príncipe Pedro. Tendo residido no Río de Xaneiro e tamén en Florencia, fez tamén carreira como profesor e historiador de arte.

A Noite, cos xénios do Estudo e do Amor.

Pedro Américo recebeu no exterior as honrarías de Cabaleiro da Coroa da Alemaña, e de Gran Cabaleiro da Orde Romana do Santo Sepulcro. Morreu en Florencia, o 7 de outubro de 1905. O seu corpo foi trasladado ao Brasil e sepultado en xaneiro de 2006 no Río de Xaneiro.