Pedra (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo pedra pódese referir:

  • Pedra, materia sólida consistente que se atopa no interior ou na superficie da codia terrestre; porción desa materia.
    • Pedra ferreal, pedra da cor do ferro.
    • Pedra preciosa, mineral, rocha ou material petrificado que se pode usar en xoiaría por ter moito brillo, diferentes cores, e un gran valor.
    • Pedra de toque, variedade de xaspe usada en xoiaría para coñecer o valor dunha alfaia (dunha aliaxe ou do ouro e a prata).
    • Pedra de afiar, instrumento feito dunha pedra pequena e alongada con que se mantén os gumes dos instrumentos de corte, afiadoira, aguzadoira.
    • Pedra pómez, pedra volcánica porosa e lixeira, usada para limpar e puír.
    • Pedra filosofal, substancia procurada polos alquimistas por se lle atribuír a propiedade de facer ouro de forma artificial.
    • Pedra miliar, columna que se colocaba no beira das estradas romanas, miliario.
    • Pedra angular, (figurado) base, fundamento ou parte esencial de algo.
  • Pedra, moa do muíño, capa, mó.
  • Pedra, corpo que se forma en diversos órganos pola acumulación de sales inorgánicos, cálculo, nefrólito.
  • Pedra, peza en forma de barra que produce a chispa nalgúns acendedores.
  • Pedra, carabuña das froitas, coma das cereixas.
  • Pedra, auga conxelada que cae con forza das nubes, sarabia, graínzo, pedrazo, salpedrés.
  • Pedra, substancia amarelada de natureza calcaria que forma unha camada sobre o esmalte dos dentes, charrizo, sarrio.
  • Pedra, municipio brasileiro do estado de Pernambuco.
  • Idade de Pedra, época prehistórica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]