Pedrá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedrá
Álbum de Extremoduro
Publicado: {{{publicado}}}
Datas de gravación: {{{gravación}}}
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: {{{duración}}}
Xénero: rock
Selo(s): DRO
Producido por: Raúl e Biri
Cronoloxía
¿Dónde están mis amigos? Pedrá Agíla

Pedrá é o quinto álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado no 1993 e producido por Raúl e Biri e publicado por DRO no 1995.

Non se trata realmente dun disco de Extremoduro, senón de máis bien unha obra colectiva de Robe Iniesta, líder do grupo, e diversos colaboradores e amigos procedentes doutras bandas; estes son, concretamente, Iñaki "Uoho" Antón, de Platero y tú, tocando a guitarra, os teclados, a percusión e o trombón de baras, D. al bajo, Gary, de Quattro Clavos, á batería e Selu (ex Reincidentes) ao saxofón. Con todo, non lles foi permitido publicalo como un traballo do Proxecto Pedrá tal como pretendían, co que finalmente viu a luz como un disco máis de Extremoduro. Ademais, o seu lanzamento foi atrasado dous anos, desde a súa gravación no 1993 ata a súa publicación no 1995.

Entre outras cousas este atraso debeuse a que, dado o seu carácter experimental, ningunha discográfica accedeu a publicárllelo; finalmente foi DRO, con quen xa lanzaran dous traballos, a que o fixo. Realmente trátase dunha obra estraña: contén unha soa canción, titulada de igual modo que o álbum, cunha duración de vinte e nove minutos e medio. O tema sofre diversos cambios de ritmo durante a súa execución, e realmente podería dividirse en multitude de temas distintos; ademais, úsase unha instrumentación máis variada da habitual nos discos anteriores de Extremoduro.

Contido[editar | editar a fonte]

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

Pedrá
Título Duración
01 "Pedrá" 29:26