Pazo de Tor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Tor
ConcelloMonforte de Lemos
ProvinciaProvincia de Lugo
ComunidadeGaliza
Coordenadas42°34′07″N 7°34′03″O / 42.5686111111, -7.5675Coordenadas: 42°34′07″N 7°34′03″O / 42.5686111111, -7.5675
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalBarroco
Estilo actualXVIII (En bo estado)
Estado actualPropiedade da Deputación
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Pazo de Tor é unha construción de estilo barroco situada en Tor, no concello de Monforte de Lemos, provincia de Lugo.

Características[editar | editar a fonte]

Está situado na aba dun outeiro sobre o val de Lemos. O edificio actual foi construído no último terzo do século XVIII, aínda que conserva algún vestixio anterior, tendo as súas orixes na liñaxe dos Garza de Castrillón, no século XIV. Posteriormente foi reformado tralo incendio polas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia Española. Pertenceu aos descendentes directos da liñaxe até María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, que o doou á Deputación de Lugo. Logo de acometer obras de acondicionamento e acceso, abriuse como museo o 13 de xullo de 2006.

É de estilo barroco con características neoclásicas, como a súa sobriedade e simetría, cos elementos decorativos concentrados nas fachadas. No edificio está diferenciada o baixo andar, que alberga as dependencias do servizo (cocheiras, adegas, cortes, tullas, vivenda dos criados e caseiros...) e un primeiro andar reservado á residencia dos donos do pazo, con cinco salóns, habitacións anexas, despacho, aseos, dous comedores e capela de dobre altura. Desde un balcón pode verse o labirinto barroco, formado por catro espirais, disposto no espazo da horta.

Relacionouse coas liñaxes dos Garza, Quiroga, Losada, Sarmiento, Taboada e outros. Conserva pedras de armas dos Sarmiento, Quiroga de la Puebla, Valladares e outros.

Alberga unha completa biblioteca, de case 3000 exemplares, na cal se atopou en 2011 un rueiro de Lugo de mediados do século XVIII e unha Carta xeométrica de Galicia, realizada por Domingo Fontán.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]