Pazo de Paizás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Paizás
ConcelloSilleda
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°46′20″N 8°21′34″O / 42.772208015363, -8.3593154970144Coordenadas: 42°46′20″N 8°21′34″O / 42.772208015363, -8.3593154970144
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(1717)
Estado actualEn bo estado, privado
editar datos en Wikidata ]

O Pazo de Paizás é unha casa señorial da freguesía de Cira, no concello de Silleda. Foi edificado en 1717 e sufriu diversas reformas posteriormente.

O pazo consta dunha nave rectangular con dous costados que permiten pechar un patio interior. Nunha desas ás álzase unha torre posterior á edificación, mentres que a fachada principal está presidida por unha fonte con varios ornamentos e o escudo familiar. Un dos laterais consta de soportal con arcos de medio punto cunha balaustrada no seus remates.[1]

Conta cunha ampla plantación de maceiras que producen mazás golden.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pazo de Paizás". dezaturismo.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]