Pazo da Cultura de Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°12′41″N 8°41′44″O / 43.2114461627, -8.695575562354

Pazo da Cultura de Carballo
Vista da fachada.
EnderezoRúa do Pan, s/n, 15.100 Carballo
CidadeCarballo
PaísGalicia Galiza
Arquitecto/sLuis Collarte Rodríguez
Capacidade338 espectadores
Inauguración2002

O Pazo da Cultura é un centro de representación escénica situado na Rúa do Pan, na localidade coruñesa de Carballo, ao carón dunha das maiores zonas verdes do núcleo urbano. O seu auditorio ten capacidade para 338 espectadores e cada ano acolle as principais representacións do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), así como concertos e espectáculos de danza. O edificio construíuse no ano 2002 obra do arquitecto Luis Collarte Rodríguez e conta con diversas salas de distintas capacidades para axeitarse aos diferentes usos: auditorio (338 espectadores), sala (150 espectadores), sala de exposición, sala de lectura, sala de TV, cafetería e locais de ensaio. O Pazo da Cultura é tamén a sede do Conservatorio Profesional de Música de Carballo e da Escola Oficial de Idiomas de Carballo (unha delegación da EOI da Coruña).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]