Pazo da Braña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo da Braña
ConcelloCerdedo-Cotobade
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°28′19″N 8°28′30″O / 42.471944444444, -8.475Coordenadas: 42°28′19″N 8°28′30″O / 42.471944444444, -8.475
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalArquitectura barroca (1730)
Estado actualVivenda
editar datos en Wikidata ]

O pazo da Braña é un pazo situado no lugar da Braña, na parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Características[editar | editar a fonte]

Foi construído cara a 1730 por Gregorio Senra, párroco de Carballedo e arcipreste de Cotobade, como residencia propia e soar dunha capelanía. En 1856 foi vendido ao veterinario de San Xusto, Francisco Javier Garrido Cerviño, posiblemente no marco da desamortización de Mendizábal[1]. En 1885 foi mercado polo maxistrado José María Vidal González. Na actualidade pertence aos herdeiros do médico Antonio Fernández-Barja[Cómpre referencia].

A construción ten planta rectangular con baixo e piso. En cada fachada hai unha longa solaina con balaustrada de pedra e piares que sosteñen o teito, ás que se accede por medio de patíns. Baixo a solaina fórmase un soportal alintelado sostido por piares. Na esquina sueste hai un reloxo de sol.

O pazo sitúase nunha terra lindante co río Almofrei e co rego de Chan das Latas. A propiedade rústica ten un hórreo e unha corte, así como diversas froiteiras (maceiras, abeleiras) e outras árbores. Tamén conta cun cruceiro e unha piscina. O recinto está pechado por balaustrada de pedra nalgúns tramos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fortes Bouzán, X. (2015): Terra de Cotobade. Ed. Guiverny, p. 200. ISBN 978-84-939449-9-5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]