Pax Iulia
Pax Iulia era o nome da cidade de Beja, Portugal, no tempo do dominio romana da Península Ibérica. Consonte os achados arqueolóxicos do seu termo, Pax Julia teria sido unha importante cidade durante a romanización do territorio da antiga Lusitania.
Foi bautizada con ese nome para celebrar a pacificación da Lusitania. O nome Iulia débese ao feito de ter sido Xulio César o autor desa mesma paz. De igual modo, o emperador Augusto denominou esta importante cidade Pax Augusta, prevalecendo no entanto a denominación inicial. Foi tamén denominada Civitas Pacensis.
As primeiras referencias á cidade aparecen no século II a.C., en textos de Polibio e de Ptolomeo.
Foi sede dun conventus iuridicus (circunscrición xurídica). Pouco despois da súa fundaçción, tivo direito itálico. A súa importancia é atestada polo feito pasar por ela unha das vías romanas.
Do período romano fican algunhas inscricións, esculturas, cipos, obxectos en cerámica e vestíxios dun acueduto que pasa perto da Igrexa do Pé da Cruz. O trazado urbanístico revela trazas do plano en dameiro tradicional nas cidades romanas. Na época romana, había tamén templos, dedicados a Ísis, Serapis e Diana.
Os suevos e os visigodos dominaran esta cidade despois da caída do Imperio Romano, tornandoa sede de bispado. Nesta altura passa a cidade a denominarse Paca, provindo o nome actual do árabe Bexa ou Baja.
O castelo foi orixinalmente edificado polos romanos, mais sufríu frecuentes reconstrucións.