Paweł Cieślik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaweł Cieślik
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Czernice, Greater Poland Voivodeship, Polonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo auxiliar
3 de decembro de 1994 – 19 de setembro de 2015
Bispo titular
3 de decembro de 1994 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificio Instituto Bíblico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1995–), sacerdote católico (1964–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónXoán Paulo II, papa Editar o valor em Wikidata

Paweł Cieślik, nado o 15 de xullo de 1940 en Czernice, Polonia, é un bispo católico latino e doutor en teoloxía bíblica, entre 1995 e 2015 bispo auxiliar de Koszalin-Kołobrzeg.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 15 de xullo de 1940 en Czernice.[1] Entre 1958 e 1964 estudou no seminario de Gościkowo,[1] e recibiu o sacramento da ordenación sacerdotal o 21 de xuño de 1964 de mans do arcebispo Jerzy Stroba.[1] Foi vigairo en Międzyrzeczu e en Szczecinie.[1] Entre 1993 e 1994 serviu como reitor do seminario maior.[1] O 3 de decembro de 1994 foi nomeado bispo auxiliar da diocese de Koszalin-Kołobrzeg e bispo titular da diocese de Britonia,[1] recibindo a consagración episcopal de mans do papa Xoán Paulo II o 6 de xaneiro de 1995. Por encargo da Conferencia Episcopal Polaca foi supervisor do Movemento de Schönstatt.[1]

O 19 de setembro de 2015 foille aceptada a renuncia como bispo auxiliar de Koszalin-Kołobrzeg.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Prezbiter jako sługa w świetle odnowionego po Soborze Watykańskim II Pontyfikatu Rzymskiego [O presbítero como servidor á luz do Pontificado Romano renovado logo do Concilio Vaticano Segundo]. Sandomierz: Wydawnictwo Diecezjalne i Drukarnia. 2011. 
  • Pamięć i wdzięczność: historia parafii Matki Bożej Nieustającej Pomocy na Saskiej Kępie [Lembranzas e gratitude: a historia da parroquia da Nosa Señora do Perpetuo Socorro en Saska Kępa]. Varsovia: Parafia Matki Bożej Nieustającej Pomocy. 2013. 
  • Przechodząc ze śmierci do życia: historia szczególnego powołania Marii Róży Bobrowskiej [Movéndose da morte á vida: a historia da vocación especial de Maria Róża Bobrowska]. Varsovia: Wydawnictwo Sióstr Loretanek. 2015. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Biskup Paweł Cieślik". Diecezja Koszalińsko-Kołobrzeska (en polaco). Consultado o 8/11/2018. 
  2. "Rinuncia di Ausiliare di Koszalin-Kołobrzeg (Polonia)". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0693). 19 de setembro de 2015.