Pavillón Multiusos Fontes do Sar
Coordenadas: 42°52′34″N 08°31′50″W / 42.87611°N 8.53056°W
Exterior Interior |
|
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Santiago de Compostela, Galicia |
| Inauguración | 1998 |
| Capacidade | 5.060 (fútbol sala) 6.050 (baloncesto) 9.000 (concertos) |
| Propietario | Concello de Santiago de Compostela |
| Localía | Obradoiro CAB (ACB) Santiago Futsal (LNFS) |
| Eventos | |
| Ningún | |
O Pavillón Multiusos Fontes do Sar é un pavillón cuberto multiusos, situado en Santiago de Compostela e construído en 1998. Pertence ao concello capitalino, e está xestionado pola sociedade mixta XADE. Ten un aforo de 5.060 espectadores (6.050 coa instalación de gradas supletoria e 9.000 para concertos).
Serve de feudo aos equipos Santiago Futsal de fútbol sala, Blusens Monbus Obradoiro de baloncesto, e ao Arteal de tenis de mesa.
Ten 10.000 m² de superficie e conta cun amplo ximnasio público. Nos exteriores ten piscinas ao ar libre e 700 prazas de aparcadoiro. Está situado na rúa de Diego Bernal s/n.
Índice |
Afluencia de espectadores [editar]
Eventos deportivos [editar]
A afluencia media de seareiros que acudiron ós encontros do Obradoiro CAB na ACB 2009-10 foi de 5509 persoas, con máximos de 6050 espectadores (fronte ó FC Barcelona). No seguinte ano, co equipo na LEB Ouro 2010-11, a media baixou a 4297 persoas.[1] De volta na Liga ACB, na tempada 2011-12 a media de seareiros no pabillón medrou ata os 5241.
Pola súa banda, o Lobelle FS tivo 2353 espectadores de media nos seus encontros da LNFS 2010-11, con máximos de 3900 persoas (fronte ó ElPozo Murcia).[2] Na tempada 2011-12 a media baixou ós 1700 espectadores, cun máximo de 3500 persoas.
Eventos culturais [editar]
En abril de 2010 mais de 5000 persoas asistiron sentadas a cada unha das 8 actuacións do Cirque du Soleil co seu espectáculo Saltimbanco no Multiusos do Sar.[3]
Nos numerosos concertos que cada ano se levan a cabo no recinto, como os de Mark Knopfler, Joaquín Sabina, David Bisbal, Dover, Alice Cooper, Cypress Hill, Miguel Bosé, etc, a afluencia de xente ten variado dende as 9000 persoas que asistiron ó concerto de Chayanne en agosto de 2010, ós 5000 que foron a ver a The Wailers en febreiro de 2009.
Galería de imaxes [editar]
-
Encontro de fútbol praia entre as selección de Galicia e Portugal.
-
Montaxe do espectáculo Saltimbanco do Cirque du Soleil.
-
Imaxe do interior do Pavillón nun encontro de fútbol sala.
-
Encontro Lobelle - Azkar da tempada 2011-12.
-
Obradoiro CAB, nun partido contra o Lagun Aro de San Sebastián da ACB.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||
Ligazóns externas [editar]
- www.multiusos.net web dos Multiusos de Santiago de Compostela