Pavel Beliaiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavel Beliaiev

Pavel Ivanovich Beliaiev (en ruso Павел Иванович Беляев 26 de xuño de 1925 en Chelizshevo10 de xaneiro de 1970 en Moscova), foi un militar e cosmonauta soviético, que pilotou a astronave Voskhod 2.

O programa espacial soviético seleccionou a Beliaiev entre os primeiros cosmonautas da URSS polos quince anos de experiencia na armada e na forza aérea soviética, tempo no que foi piloto de combate durante a fin da Segunda Guerra Mundial e comandante dunha escuadra aeronaval no Pacífico. A súa primeira misión ía ser pilotar o Vostok 8 para estudar o Cinto de Van Allen, pero a misión cancelouse e as autoridades encomendáronlle a misión de pilotar a misión do Voskhod 2 acompañado de Alexei Leonov en 1965, realizou un único voo o 18 de marzo, permaneceu no espazo durante 26 horas, e o seu compañeiro realizou a primeira actividade extravehicular no espazo da historia.


Morreu en 1970 from peritonite como resultado dunha operación de úlcera de estómago. Beiaiev foi Heroe da Unión Soviética, recibiu a Orde de Lenin e a da Estrela Vermella, ademais de Heroe do Traballo Socialista de Bulgaria, Heroe do Vietnam e de Mongolia.

Un asteroide descuberto en 1969 por Liudmila Chernikh leva o seu nome, 2030 Belaiev.

Pavel Belieiv nun selo da Unión Soviética de 1965