Paulino Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paulino Costas
Información persoal
Nacemento 1937
Lugar de nacemento Vigo
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Paulino Costas Otero, nado en Vigo en 1937, é un antigo xogador de fútbol galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun mariñeiro, comezou xogando de dianteiro no FC Peñasco de Vigo e despois fichou polo Coruxo e polo Zeltia En 1957 pasou ao Turista, e de aí ao Arousa.[1]. Retirouse aos 22 anos, por unha lesión no pulmón, pero volveu posteriormente para xogar no Sporting Sada. Despois da súa retirada definitiva do fútbol traballou de transportista e de camareiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daniel Prieto (24 de agosto de 2010). "Paulino Costas, un dandi da área". Xornal de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2010.