Pauline Réage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pauline Réage, pseudónimo de Anne Desclos, nada en 1907 e finada en 1998, foi unha escritora francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Rochefort-sur-Mer, no seo dunha familia bilingüe francés-inglés e viviu a súa infancia na Bretaña coa súa avoa. Estudou na Sorbona e traballou como xornalista ata 1946, cando entra como tradutora na editorial Gallimard, onde traduce ao francés co pseudónimo de Dominique Aury a autores como Algernon Charles Swinburne, Evelyn Waugh, Virginia Woolf, T. S. Eliot ou F. Scott Fitzgerald e participa como xurado en numerosos premios literarios.

En 1943 coñecera a Jean Paulhan, director da prestixiosa La Nouvelle Revue Française que se converte no seu amante e logo de afirmar el que as mulleres son incapaces de escribir unha novela erótica ela escribe Historie d'O (1954), unha novela sadomasoquista que a súa editorial se negou a publicar tivo que publicar nunha pequena editorial, pero que se converteu nun grande éxito comercial. En 1967 publicou Retour à Roissy.

Non foi ata 1994 nunha entrevista ao New Yorker que ela admitiu ser a autora da novela.