Paul Cook

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaul Cook

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Paul Thomas Cook Editar o valor em Wikidata
20 de xullo de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Hammersmith, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería , percusionista , futbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoPunk rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBatería Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoVirgin Records Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Hollywood United FC (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosHollie Cook (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0177222 Musicbrainz: 0d352490-3cc7-43fc-b824-8aa8c9c855e1 Songkick: 761089 Discogs: 250492 Allmusic: mn0000748247 Editar o valor em Wikidata

Paul Cook, nado en Londres, Inglaterra, o 20 de xullo de 1956, é un batería británico coñecido principalmente pola súa participación no grupo punk Sex Pistols durante a existencia estable do mesmo (1975 - 1978) e as xiras posteriores de 1996, 2002 e 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cook naceu e criouse no barrio de Hammersmith. A diferenza do seu amigo Steve Jones, que logo sería xunto a el un dos membros fundadores de Sex Pistols, Paul viña dunha familia economicamente estable e era moi reservado e tranquilo.

O batería tivo un bo rendemento académico na escola ata que coñeceu a Steve Jones e Wally Nightingale con quen formou a banda The Strand en 1972. Paul tamén se converteu ao comprar a súa batería no primeiro integrante en investir diñeiro en instrumentos no canto de roubalos. Co paso do tempo, e tras a incorporación de Glen Matlock como baixo e Johnny Rotten como cantante, The Strand converteríase en Sex Pistols.

Logo da separación práctica da banda tras a ida de Johnny Rotten en 1978, Cook e Jones tocaron na banda sonora da película de Malcolm McLaren The Great Rock 'n' Roll Swindle acreditadando co nome Sex Pistols algunhas das súas cancións por exemplo "Silly Thing", cantada polo propio batería. Logo diso, a banda disolveuse formalmente e Paul formou xunto ao seu compañeiro Steve Jones The Professionals en xullo de 1980. A súa segunda banda lanzou catro sinxelos e un álbum pero non logrou maior éxito comercial nin crítico. Poucos anos despois Paul colaborou na produción do álbum debut da banda New Wave Bananarama, titulado Deep Sea Skiving.

Paul e Steve tamén participaron no LP So Alone de Johnny Thunders tocando na canción "London Boys" (en galego "Raparigos de Londres").

A fins dos anos 1980 o batería retornou á industria musical para tocar no grupo Chiefs of Relief xunto ao ex guitarrista de Bow Wow Wow Matthew Ashman e, tras outro período de inactividade, tocou con Edwyn Collins nos '90. En 1996 reuniuse cos Sex Pistols, xa sen o falecido Sid Vicious, para a xira Filthy Lucre.

Na actualidade, Cook vive coa súa esposa Jenny e a súa filla Holly en Shepherds Bush e toca intercaladamente na banda Man-Raze e con Edwyn Collins.