Patrick Makau Musyoki
| Patrick Makau Musyoki | |
|---|---|
| Nacemento: | 2 de marzo de 1985 (28 anos) Manyanzwani |
| Nacionalidade: | |
| Ocupación: | atleta fondista |
Patrick Makau Musyoki (Manyanzwani, 2 de marzo de 1985) é un corredor de longa distancia do Quenia e o actual recordista mundial da maratón.
Fondista dedicado á carreiras de rúa, máis especialmente media maratona e maratona, ten o cuarto tempo do mundo na primeira modalidade, 58min52s, marca conquistada en Ras al-Khaimah, nos Emiratos Árabes Unidos, en febreiro de 2009.
Con grandes resultados na media maratón entre 2005 e 2009, este ano Makau comezou a disputar maratona, estreando na Maratón de Róterdan co excelente tempo de 2h06min14s e a cuarta colocación. O ano seguinte, volveu á Róterdan e venceu a proba esta vez en 2h04min48s, a mellor marca do ano e a entón cuarta mellor marca da historia, e conseguiu nova vitoria na Maratón de Berlín, con 2h05min08s.
En 25 de setembro de 2011, Makau volveu disputar o Maratón de Berlín e venceu a proba por segunda vez, establecendo nova marca mundial de 2h03min38s, 21 segundos máis rápido que a marca anterior do etíope Haile Gebrselassie, tamén conquistada en Berlín, en setembro de 2008. Gebrselassie, que tamén disputou a proba mais desistiu no km 35 debido a problemas de respiración, viu o seu antigo record mundial ser quebrado polo kenyano, encerrando unha era de máis de 20 anos de dominio do etíope, considerado o máis grande fundista da historia do atletismo, en probas de longa distancia[1].
Notas [editar]
- ↑ EFE (24-09-2011). "O kenyano Makau gana o maratón de Berlín e establece unha nova marca mundial" (HTM). La Voz de Galicia. http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/09/25/00031316942725606864239.htm?idioma=galego. Consultado o 03-10-2011.