Patricio Arce Susilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patricio Arce Susilla
Nacemento16 de marzo de 1886
Lugar de nacementoprovincia de Burgos
Falecementoséculo XX
Lugar de falecementovalor descoñecido
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre
editar datos en Wikidata ]

Patricio Arce Susilla, nado na provincia de Burgos o 16 de marzo de 1886,[1] foi un mestre e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre en Carcedo (Valdés) (1916),[2] Muñas (Oviedo) e en 1920 concedéronlle permuta para Ribeseya; en 1933 déronlle o traslado para Ourense.[3] Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, presidiu a Asemblea Extraordinaria da ATEO de abril de 1936. Tamén foi vogal da directiva da Asociación de inquilinos de Ourense.[4] Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi cesado como mestre a principios de setembro.[5] Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión, foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1941.[6] Foi inhabilitado como mestre en marzo de 1942.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933
  2. El Distrito Universitario, 30-6-1916, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 22-6-1933, p. 10.
  4. El Pueblo Gallego, 29-6-1934, p. 8.
  5. El Pueblo Gallego, 5-9-1936, p. 7.
  6. BOE, 7-11-1941, p. 4067-4084.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]