Patriarca ecuménico de Constantinopla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O patriarca de Constantinopla é o patriarca ecuménico da Igrexa ortodoxa. Ao contrario do que ocorre na Igrexa católica, o seu cargo é unicamente honorífico: compételle presidir os concilios nos que toma parte e é o principal portavoz da Igrexa ortodoxa, pero non ten xurisdición nos asuntos internos das igrexas ortodoxas autocéfalas.

Ademais de ser o líder espiritual de 300 millóns de cristiáns ortodoxos repartidos por todo o mundo, é o máximo dirixente da Igrexa ortodoxa de Constantinopla, con preto de catro millóns de fieis en varios países.

O patriarca é considerado sucesor de André tal como o Papa é considerado sucesor do seu irmán Simón Pedro.

O actual patriarca ecuménico é a súa santidade Bartolomeu I .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]