Pato rabilongo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pato rabilongo
Macho (esquerda) e femia (dereita) Call (axuda ·  info)
Macho (esquerda) e femia (dereita)
Anas_acuta.ogg Call
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anatinae
Xénero: 'Anas'
Especie: ''A. acuta''
Nome binomial
''Anas acuta''
Linnaeus, 1758
     CríaModelo:LeftlegendModelo:LeftlegendRed X — Vagrant

     CríaModelo:LeftlegendModelo:LeftlegendRed X — Vagrant
Sinonimia

Dafila acuta

O pato rabilongo (Anas acuta) é unha ave de familia dos anátidos (Anatidae) de distribución moi ampla

Descrición[editar | editar a fonte]

É un parrulo relativamente grande. Os machos miden entre 65 e 75 cm, as femias entre 50 e 55. Pesan entre 700 e 1.200 g. As alas teñen unha envergadura de ata 85 cm. A cola, que lle dá o seu nome á especie, é longa e en forma de punta. Nos machos pode medir 10 cm. Teñen os ollos negros e o bico e as patas grises. Na época reprodutora o macho é inconfundible: ten o corpo gris pálido, o peito branco, a cabeza negra e o pescozo branco. As femias teñen a cola máis curta, coa gorxa branca. A plumaxe ten debuxos sobre un fondo marrón. Diferénciase das femias doutras especies de parrulos polo pescozo longo e o peteiro longo e gris. Fóra da época de cría a plumaxe de femias e machos é semellante.

Distribución[editar | editar a fonte]

Cría no hemisferio norte: norte de Europa e Asia, Canadá, Alasca e no Medio Oeste dos Estados Unidos É unha ave migratoria, que pasa o inverno en zonas ben ó sur da súa área de cría, chegando ata o Ecuador. Na época invernal é moi gregario e forma bandadas mesturado con outras especies.

É un parrulo de zonas húmidas abertas, como praderías húmidas e a tundra. Aliméntase principalmente de plantas, pero durante a estación reprodutora come tamén insectos acuáticos, moluscos e crustáceos. Ás veces come plantas e sementes en campos cultivados.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A época de cría vai de abril a xullo. Maduran sexualmente ó ano de idade. Durante o cortexo non son raras as persecucións aéreas, nas que varios machos acosan unha femia. O seu niño, que constrúe a femia, é unha depresión non moi fonda no chan, ben agachada na vexetación, rodeada de plantas e cuberta de plumas interiores do parrulo. Fano en sitios enxoitos, en ocasións non moi preto na auga.

Poñen de seis a doce ovos duns 5 cm de longo, de cor, en xeral, verde clara. Chócannos unhas tres semanas. Os polos poden voar cando teñen sete semanas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O seu vello nome científico era Dafila acuta.

A especie Anas eatoni, con dúas subespecies: A. eatoni eatoni (das illas Kerguelen, e A. e. drygalskyi da illa de Crozet, foron consideradas antigamente subespecies do pato rabilongo. Nesta especie os machos non desenvolven completamente a plumaxe de gala.

Ameazas[editar | editar a fonte]

Os perigos meirandes para a súa subsistencia son as enfermidades e a perda dos espazos húmidos causada pola urbanización, a polución e as plantas invasoras. É unha das especies incluídas no "Acordo para a conservación das aves acuáticas migradoras de África e Eurasia" (AEWA).

Galería[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pato rabilongo