Pato de colar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pato de colar
Macho adulto.
Macho adulto.

Femia adulta.
Femia adulta.

Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Xénero: 'Aythya'
Especie: 'Aythya collaris'
Nome binomial
''Aythya collaris''
(Donovan, 1809)

O pato de colar (Aythya collaris), tamén coñecido como parrulo cristado, é un paxaro anseriforme da familia dos anátidos.

Características[editar | editar a fonte]

Presenta un marcado dimorfismo sexual que se aprecia non só na coloración da plumaxe, senón tamén no seu talle e peso. Os machos son lixeiramente meirandes que as femias e seméllanse moito ós seus parentes, os patos cristados. Son aves mergulladoras e omnívoras que se alimentan de vermes, insectos, caracois, sementes e plantas acuáticas.

Distribución e costumes[editar | editar a fonte]

Cría en lagos e lagoas do norte dos Estados Unidos e Canadá. Durante o inverno móvese cara o sur, ocupando lagos e zonas costeiras do oeste e sur dos Estados Unidos, México, o Caribe e América Central.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pato de colar

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]