Pato chupón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Pato chupón | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| ''Aythya ferina | ||||||||||||
O pato chupón (Aythya ferina) é un parrulo mergullador de tamaño medio.
Índice |
[editar] Descrición
O macho e característico entre os parrulos europeos pola cabeza e o pescozo de cor castaño-vermella, o peito negro e o lombo da cor da prata. Ten o bico escuro e os ollos vermellos. Son de aspecto semellante a dúas especies americanas: Aythya americana e Aythya valisineria. As femias son marróns agrisadas na parte dianteira do corpo, co lombo e os lados de cor gris abrancazada. Teñen unha liña branca ao redor da zona dos ollos que forma, ás veces, o deseño duns anteollos. É unha das especies incluídas no "Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia" (AEWA).
[editar] Distribución e hábitat
Viven en Eurasia e o norte de África. O seu hábitat primordial son os lagos e pantanos. Nos últimos 100 anos a súa área de distribución a en Europa ampliouse. Son aves migratorias e os exemplares europeos pasan o inverno no sur e o oeste do continente. Na península Ibérica cría en áreas restrinxidas do leste, centro e na desenvocadura do río Guadalquivir.
[editar] Poboación na Galiza
Na Galiza o Pato chupón é unha ave invernante habitual a partires do mes de novembro, a súa poboación invernante está a medrar debido a que a especie atópase en expansión. Actualmente cría localizadamente no noroeste da provincia de Ourense.
[editar] Reprodución e comportamento
Fan os niños nos canavais e entre os carrizos preto de zonas acuáticas de polo menos un metro de fondo. Poñen de oito a once ovos. Son aves gregarias que forman grandes bandadas no inverno, moitas veces mesturados con outros parrulos semellantes como o pato cristado (Aythya fuligula), co que ás veces hibrida. Aliméntanse de plantas acuáticas e animais pequenos coma moluscos e insectos, que conseguen mergullándose na auga. A miúdo aliméntanse pola noite.
[editar] Nome común noutras linguas
- Alemán: Tafelente
- Danés: Taffeland
- Español: Porrón común
- Finlandés: Punasotka
- Francés: Fuligule milouin
- Húngaro: Barátréce
- Inglés: Pochard
- Italiano: Moriglione
- Lituano: Rudagalve antis
- Neerlandés: Tafeleend
- Noruegués: Taffeland
- Polaco: Glowienka (ptak)
[editar] Ligazóns externas
- Videos sobre o pato chupón na Internet Bird Collection
- Artigo e fotos sobre o pato chupón en Tierdoku.com (en alemán)