Pastora Soler
| Pastora Soler | |
|---|---|
Pastora Soler nun concerto en 2009 |
|
| Nome completo | Pilar Sánchez Luque |
| Alias | |
| Naceu | 28 de setembro de 1978 (34 anos) Coria del Río, Sevilla |
| Orixe | |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | cantante, presentadora |
| Xénero | Pop, flamenco |
| Instrumento(s) | voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | Polygram (1994–1999) Emi-Odeón (1999–2005) Warner Music España (2005–Actualidade) |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1992 - actualidade |
| Web | http://www.pastorasoler.es/ |
Pilar Sánchez Luque, nada en Coria del Río (Sevilla) o 28 de setembro de 1978 e coñecida artisticamente como Pastora Soler, é unha cantante española, famosa por combinar copla, flamenco e canción española con sons pop.
Índice |
Traxectoria [editar]
Pastora é unha artista precoz que empezou cantando coplas e cancións flamencas cando tan só tiña oito anos. En 1994 editou o seu primeiro traballo Nuestras coplas, un disco onde fixo as súas versións de grandes clásicos da canción española. O seu primeiro gran éxito non chegou ata o seu terceiro álbum Fuente de luna, cuxo primeiro single, Dámelo ya, logrou alzarse co número 1 na lista de vendas españolas.
En 2001 lanza ao mercado Corazón congelado, co que logrou consolidar o éxito alcanzado no seu anterior traballo. A canción que dá nome a este álbum é elixida entón como sintonía da Volta Ciclista a España de 2001. Tras moverse en sons máis dance no seu seguinte disco, Deseo, da man de Carlos Jean, Pastora cambia de discográfica e firma por Warner Música España. Con ela publicará os seus últimos traballos: Pastora Soler, Toda mi verdad e Bendita locura. En 2010, a cantante sevillana celebrou as súas 15 anos no mundo da música co lanzamento do seu primeiro traballo en directo, 15 años. Ao ano seguinte publicou o seu noveno álbum de estudo, Una mujer como yo.
Con noves discos de estudo no mercado, Pastora conseguiu 3 discos de platino e 4 discos de ouro. Ao longo da súa carreira, tamén recolleu importantes premios dentro do seu gremio como o Premio da Música ou o Micrófono de ouro. Entre as súas colaboracións atópanse artistas consolidados como Alejandro Sanz, Armando Manzanero, Malú, David Bustamante ou Miguel Poveda, entre outros moitos.[1]
En decembro de 2011 foi designada por Televisión Española para representar a España no Festival de Eurovisión 2012, que se celebrou en Bakú, a capital de Acerbaixán.[2] A sevillana acabou en décima posición coa súa canción Quédate conmigo.[3]
Discografía [editar]
- Álbums de estudo
- 1996: El mundo que soñé
- 1999: Fuente de luna
- 2001: Corazón congelado
- 2002: Deseo
- 2005: Pastora Soler
- 2007: Toda mi verdad
- 2009: Bendita locura
- 2011: Una mujer como yo
- Álbums recopilatorios
- 2005: Sus grandes éxitos
- Álbums en DVD ou directo
- 2010: 15 años
- Outros
- 1988: Gracias, madre
- 1994: Nuestras coplas
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Predecesor: "Que me quiten lo bailao" Lucía Pérez |
España no Festival de Eurovisión 2012 |
Sucesor: Por determinar El Sueño de Morfeo |