Pastel vasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pastel vasco é unha sobremesa de orixe vasca-francés, coñecida en Francia como Gateau Basque.

O pastel vasco naceu como un pastel ao que se lle puña unha tapa, pero hoxe en día existen algunhas versións en que xa non se lles pon.

Consta dunha masa de pasta de fariña, manteiga e ovos que se enche xeralmente de crema pasteleira, aínda que tamén os hai recheos de albaricoques ou dalgunha froita.

Á versión francesa adóitaselle pór unha capa de marmelada ou algunha confitura.