Pastel escocés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pastel escocés preparado en Glasgow.

Un pastel escocés (scotch pie en inglés e en escocés) é unha especie de empanadilla de carne de año orixinaria de Escocia. Neste país tamén se lle chama simplemente pastel (pie), e na cidade de Dundee coñécese co nome de pastel de carne picada (mince pie). É tamén moi popular en Inglaterra.

Descrición e receita[editar | editar a fonte]

O pastel escocés é unha sorte de empanadilla de carne de año, desfeita e pastosa, a miúdo bastante especiada con pementa negra e algúns outros ingredientes secundarios, que se presenta nunha forma cilíndrica, como de tortiña, de renxente masa de fariña triga. A tortiña ten uns 8 centímetros de diámetro e uns 4 centímetros de altura. Ademais, déixase un cornecho ou corrosco duro polo bordo, dun centímetro de altura, para poderlle engadir ao pastel puré de patacas, fabas cocidas, mollo de vinagre ou mollo de carne.

O pastel escocés sérvese normalmente quente, xusto ao sacalo do forno. Cando se merca en postos ambulantes ou en tendas de fritidos rápidos, pode ser que se elabore mergullándoo en aceite fervendo.

Todos os anos, o Scotch Pie Club acolle o Campionato Mundial de pasteis escoceses. Carniceiros e panadeiros presentan os seus pasteis á testaxe dun xurado. Os campións en 2007 foron Alan e Keith Stuart de Buckhaven.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]