Pardal mouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Passer hispaniolensis»)
Pardal mouro

Pardal mouro (Passer hispaniolensis)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Passeridae
Xénero: Passer
Especie: P. hispaniolensis
Nome binomial
Passer hispaniolensis
(Temminck, 1820)
Passer hispaniolensis

O pardal mouro ou pardal español (Passer hispaniolensis) é unha especie de ave paseriforme da familia dos paséridos (Passeridae).

A especie é autóctona da Península Ibérica, e tamén se pode encontrar no Magreb, Sicilia, Sardeña, Grecia e boa parte de Asia.

O seu aspecto é moi similar ao do pardal común, especie coa que está moi relacionado.

Características[editar | editar a fonte]

Mide de 15 a 16 cm de longo e pesa de 22 a 36 g. É lixeiramente maior e máis pesado que o pardal común, e o seu bico tamén é máis longo e robusto. Pero as femias e os individuos novos das dúas especies son practicamente indistinguíbeis; unicamente os machos adultos se poden distinguir a pesar de seren moi semellantes. O machos teñen o píleo marrón (non gris), as meixelas brancas (non gris pálido), o dorso máis negro e as partes inferiores con manchas negras máis extensas.[1]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

O pardal mouro ten unha ampla e moi complicada distribución pola rexión mediterránea (África setentrional, gran parte da Península Ibérica —centro, sur e leste—, Sardeña, Sicilia, Malta e os Balcáns, as illas de Cabo Verde, Canarias e Madeira e a través de Asia suroccidental e central, desde Turquía até o occidente da China.[2]

Falta, porén, dalgunhas zonas da rexión mediterránea, en particular Italia e Córsega, onde o substitúe o pardal italiano (Paser italiae), que é unha especie intermedia (pode ser un híbrido) entre o pardal común e o mouro. Tamén hibridan frecuentemente en África do norte (nordeste de Alxeria, Tunisia e noroeste de Libia), formando unha poboación mixta moi variábel que vai desde paxaros de aspecto idéntico ao pardal común, pasando por todos os aspectos intermedios.

Nos últimos 200 anos a especie ampliou considerabelmente a súa área de distribución, en parte por colonización natural, como nos Balcáns (Bulgaria, Romanía, Serbia e Moldavia, colonizades despois de 1950), e en parte por intervención humana accidental, como a chegada a Canarias (a comezos do século XIX) e a Cabo Verde (1832) a bordo de barcos. Madeira foi colonizada en maio de 1935 despois dun període de fortes ventos de levante que arrastraron algúns paxaros.

Na parte occidental da súa área de distribución son principalmente sedentarios, pero as poboacións orientais son máis migratorias; desde os Balcáns e Turquía migran cara ao nordeste de África e á península Arábiga.

Distribución dos pardais mouro e italiano.

     Zona de cría de P. h. hispaniolensis
     Zona de cría de P. h. transcaspicus
     Zona de invernada
     Passer italiae
As outras cores representan zonas de hibridación.

Costumes[editar | editar a fonte]

Nalgunhas zonas é un paxaro urbano, en particular onde falta o pardal común, como nas illas Canarias, Madeira e Malta, pero máis frecuentemente viven en árbores próximas a ríos ou outras zonas húmidas; en terras de cultivo, viven preto dos edificios.

As femias poñen de tres a oito ovos, que incuban ambos os membros da parella durante 12 días. Os pitos abandonan o niño aos 14 días.

Como outros pardais, aliméntanse basicamente de sementes.[3]

Os pardais mouros son moi gregarios, e adoito fan os niños moi proximos entre eles, ou mesmo comparten grandes niños múltiples, aínda que cada parella ten a súa cavidade e a súa entrada. Algunhas colonias de cría encóntranse na base de grandes niños de aves como a cegoña branca. As colonias poden contar desde unhas poucas parellas até a máis de mil.[4]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Passer hipaniolensis ten dúas subespecies:

Etatus[editar | editar a fonte]

A poboación europea do pardal mouro comprende entre 2 800 000 e 6 200 000 parellas ou de 8 400 000 a 18 600 000 individuos. Á parte da poboación europea, a poboación global estímase entre os 17 e os 74 millóns de individuos.[5][6] A poboación está decrecendo nalgunhas partes de Europe, pero noutras estase a incrementar,[7] e a especie non está seriamente ameazada, polo que se evalúa como preocupación menor na lista vermella da UICN.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Metzmacher, M. (1986): "Moineaux domestiques et Moineaux espagnols, Passer domesticus et P. hispaniolensis, dans une région de l'ouest algérien: analyse comparative de leur morphologie externe". Le Gerfaut, 76: 317-334.
  2. Obratil, S. (1985): "The range of the Spanish sparrow, Passer hispaniolensis (Temminck) in Bosnia and Herzegovina". Larus, 36–37:49–57.
  3. Metzmacher, M. (1983): "Le menu des jeunes Moineaux domestiques, Passer domesticus L., et espagnols, Passer hispaniolensis Temm., en Oranie (Algérie)". Cahiers d'Ethologie appliquée, 3: 191-214.
  4. Metzmacher M. (1986): "Organisation spatio-temporelle de la reproduction chez le Moineau espagnol Passer hispaniolensis en zone semi-aride". L'Oiseau et la Revue Française d'Ornithologie, 56: 229-262.
  5. BirdLife International (2004): Birds in Europe: population estimates, trends and conservation. Cambridge, England: BirdLife International. Conservation Series Nº 12, p. 263.
  6. BirdLife International (2004). "Passer hispaniolensis, Spanish Sparrow". Birds in Europe: population estimates, trends and conservation status. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2012. 
  7. Dinetti, Marco (2008): "I passeri Passer spp.: da "problematici" a specie di interesse conservazionistico", Avocetta, 32: 61–68. [1] Arquivado 05 de maio de 2010 en Wayback Machine..
  8. BirdLife International (2012): Passer hispanioliensis Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Lista Vermella da IUCN.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Beaman M. e Madge S. (1998): Aves de Europa, Norte de África e Próximo Oriente. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0946-4
  • Clement, Peter; Harris, Alan e Davis, John (1993): Finches and Sparrows: an Identification Guide. Princeton, New Jersey (USA): Princeton University Press. ISBN 0-691-03424-9.
  • Cramp, S. e Perrins, C. M., editores (1994): Handbook of the Birds of Europe, the Middle East, and North Africa: The Birds of the Western Palearctic. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-854679-5.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]