Pas-de-Calais
| Rexión | |
| Prefectura | Arras |
| Presidente | Dominique Dupilet |
| Distritos | 7 |
| Cantóns | 77 |
| Concellos | 894 |
| Superficie | 6.671 km² |
| Población (2005) - Total - Densidade |
1.456.000 hab hab. 218 hab./km² |
![]() |
|
| Localización de Pas-de-Calais en Francia. | |
Pas-de-Calais (62) é un departamento francés que debe o seu nome ó paso de Calais, estreito que o separa de Gran Bretaña.
Índice |
[editar] Historia
Pas-de-Calais foi un dos 83 departamentos franceses creados durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789. Foi constituído a partir de diversas rexións: o Boulonnais, o Calaisis, o Artois e unha parte do Ponthieu.
[editar] Xeografía
Pas-de-Calais forma parte da rexión francesa de Nord-Pas-de-Calais. Está rodeado polos departamentos de Norte e Somme e ten costa na Canle da Manchae o Mar do Norte.
As principais cidades son: Arras, Boulogne-sur-Mer, Calais, Liévin, Hénin-Beaumont, Bruay-la-Buissière.
Cursos de auga: Authie, Canche, Ternoise, Liane, Sensée, Scarpe, Deûle, Lys, Aa.
[editar] Demografía
Pas-de-Calais é un dos departamentos máis poboados e máis urbanizados de Francia. Aínda así non hai ningunha gran cidade: a aglomeración de Calais sobrepasa apenas os 100.000 habitantes contando a súa área urbana, seguida de preto por Boulogne-sur-Mer e Arras; Saint-Omer conta tamén cunha aglomeración importante de máis de 50.000 habitantes.
Pero a zona máis densamente poboada é a chaira mineira que desenvolveu a durante o s. XX, ó leste do departamento. Non se atopan grandes cidades, pero ó redor de vilas importantes como Lens, Liévin, Béthune, Bruay-la-Buissière, Hénin-Beaumont, etc. unha chea de pequenas vilas están próximas unhas a outras, formando unha vasta conurbación que se prolonga polo departamento de Norte (departamento) ata Douai e Valenciennes. Estas aglomeracións forman un conxunto case continuo de máis de 1,2 millóns de habitantes (dos que máis da metade viven en Pas-de-Calais). Pola contra, o centro e o sur do departamento son moi rurais (pero tamén densamente poboados), e contan con numerosas pequenas aldeas e vilas.
Ata a primeira guerra mundial, a actividade mineira mantiña un crecemento demográfico elevado (700.000 habitantes alá polo 1850, case 1.000.000 en 1900). O conflito afectou directamente ó departamento (que coñeceu a ocupación alemá e foi un dos principais campos de batalla), pero a poboación volveu medrar xusto despois da contenda, ata chegar ó 1.200.000 habitantes. Despois da crise económica de 1929, outro período de decrecemento tivo lugar, prolongado pola segunda guerra mundial. Despois de 1945, o crecemento volveu coa reconstrución e a poboación aumentou netamente durante unha vintena de anos, de 1.168.545 en 1946 ata 1.397.159 en 1968. Dende entón o número de habitantes estancouse (1.441.568 en 1999): a poboación é nova e o número de nacementos é moito maior que o de defuncións, pero o saldo migratorio é ben negativo a causa do declive das actividade mineiras e das industrias ligadas. Algunhas cidades que non viviran máis que das minas perderon ata a metade da súa poboación no percorrer do último medio século.
[editar] Cultura
Por non ter unha grande cidade, Pas-de-Calais quedou moito tempo sen universidade. En 1992, a universidade de Artois e a Université du Littoral viñeron reparar esta anomalía. Estas universidades presentan a particularidade de ser multipolares e interdepartamentais: Arras, Béthune, Douai, Lens e Liévin para unha e Boulogne-sur-Mer, Calais, Dunkerque e Saint-Omer para a outra.
[editar] Varios
Pas-de-Calais é o departamento que ten o maior número de concellos (894). Case todos pertencen a estruturas intermunicipais.
