Partit dels Socialistes de Catalunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Partit Socialista de Catalunya»)
Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC)
Partido político de Cataluña
Asociado do PSOE en Cataluña
Dirixentes e organización
LíderSalvador Illa
PresidenteNúria Marín
MocidadesJoventut Socialista de Catalunya
Filiación internacionalInternacional Socialista e do Partido dos Socialistas Europeos
Historia
Fundación16 de xullo de 1978
Posicións políticas
IdeoloxíaCatalanismo
Socialdemocracia
Federalismo
Representación
Concelleiros en Cataluña
1.315 / 9.077
Parlamento de Cataluña
33 / 135
Concello de Barcelona
8 / 41
Congreso dos Deputados
12 / 48
Senado de España
3 / 266
Parlamento Europeo
1 / 59
Outros datos
SedePallars, 191
08005 Barcelona
PublicaciónEndavant Digital
Na rede
www.socialistes.cat
Facebook: PSC Twitter: socialistes_cat Instagram: socialistes_cat Telegram: canalPSC Flickr: 46867958@N05 Editar o valor em Wikidata

O Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) é un partido socialdemócrata catalán creado o 16 de xullo de 1978 coa fusión do Partit Socialista de Catalunya-Congrés, o Partit Socialista de Catalunya-Reagrupament e a federación catalá do PSOE. O PSC está asociado ó PSOE co que comparte grupo parlamentario no Congreso dos Deputados.

Nas eleccións municipais de 1979 consolídase como a segunda forza de Cataluña. Nas eleccións autonómicas de 1980 presentou como candidato á Generalitat a Joan Reventós que non puido evitar o triunfo do candidato converxente Jordi Pujol. En 1999 consegue ser a forza máis votada nas eleccións autonómicas pero con menos escanos que Convergència i Unió. Tras as eleccións autonómicas de 2003 o candidato do PSC, Pasqual Maragall vai gobernar co apoio de ERC e de ICV-EUiA.