Partido del Trabajo de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partido del Trabajo de España (PTE) foi un partido maoísta español que se fundou en 1967 co nome de Partido Comunista de España (Internacional) como unha escisión do PSUC na cal se integraron outros pequenos grupos escindidos do PCE. En 1975 cambiou o seu nome e acordou adoptar unha estrutura federal e integrar a Junta Democrática de España, un pequeno número de militantes escindiuse e formou de novo o Partido Comunista de España (Internacional)

En 1977 incorpourse o Partido Comunista de Unifación e como aínda non estaba legalizado para as eleccións xerais dese ano tivo que organizar coalicións con outros pequenos partidos da esquerda como a Frente Democrático de Izquierdas e a Coalició Electoral Esquerra de Catalunya con ERC que tivo 1 deputado. En 1978 un sector da organización catalá do partido, o Partit del Treball de Catalunya, rompeu co PTE e formou un PTC independente que acabaría dando lugar ao Bloc Català de Treballadors. Nas eleccións de 1979 presentouse coas súas siglas, obtivo 200.000 votos pero ningún deputado. Nese ano fusionouse coa Organización Revolucionaria de los Trabajadores para formar o Partido de los Trabajadores de España que desaparecu ao ano seguinte.

As súas mocidades organizábanse na Joven Guardia Roja, ata 1973 denominadas Juventudes Universitarias Revolucionarias. O PTE impulsou a Confederación de Sindicatos Unitarios de Trabajadores.