Partido Socialista Italiano de Unidade Proletaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partido Socialista Italiano de Unidade Proletaria (Partito Socialista Italiano di Unità Proletaria, PSIUP) foi un partido socialista italiano que se formou en 1964 como consecuencia da escisión da corrente de esquerda do Partido Socialista Italiano que se opuña á apertura do PSI ao centro esquerda. Nas eleccións xerais de 1968 tivo o 4.45% dos votos e 23 escanos na Cámara dos Deputados mentres no senado se presentou en coalición co Partido Comunista Italiano. Logo dos malos resultados das eleccións xerais de 1972, 1.94% dos votos e ningún deputado, os principais dirixentes do PSIUP entraron no PCI mentres a minoría reformista reunificouse co PSI. A minoría de esquerdas continou co partido co nome de Novo PSIUP que en decembro de 1972 formou o Partido de Unidade Proletaria co Movemento Político dos Traballadores.