Partido Socialdemócrata e Laborista
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado con Irlanda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con Irlanda que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Páirtí Sóisialta Daonlathach an Lucht Oibre Social Democratic and Labour Party (SDLP) |
|
|---|---|
| Partido político de Irlanda do Norte | |
| Líder | Mark Durkan |
| Fundación | 1970 |
| Sede | 121 Ormeau Road, Belfast |
| Ideoloxía | Socialdemocracia Nacionalismo irlandés |
| Filiación internacional | Internacional Socialista Partido Socialista Europeo |
| Mocidades | SDLP Youth |
| Páxina web | www.sdlp.ie |
O Partido Socialdemócrata e Laborista (SDLP, en irlandés: Páirtí Sóisialta Daonlathach an Lucht Oibre, en inglés: Social Democratic and Labour Party) é un dos dous grandes partidos nacionalistas de Irlanda do Norte. Durante a época coñecida como The Troubles, o SDLP foi o partido nacionalista máis votado no Norte de Irlanda, pero dende o alto el fogo do IRA Provisional, ten perdido votos en favor do seu principal rival político nacionalista, o Sinn Féin.
Durante o Conflito, o partido distinguiuse do Sinn Féin fundamentalmente polo seu rexeitamento á violencia para acadar as metas dos nacionalistas, namentres que o Sinn Féin máis ou menos xustificaba os métodos do IRA.
O SDLP está afiliado á Internacional Socialista. É tamén membro do Partido dos Socialistas Europeos. En liñas xerais, está unido ao británico Partido Laborista e se da por feito que ambos teñen un acordo electoral non escrito.
O partido actualmente está liderado por Mark Durkan. Ten 3 parlamentarios na Cámara dos Comúns e 18 membros na Asemblea de Irlanda do Norte
Ligazóns externas [editar]
- Web do SDLP (en inglés)