Partido Social Regionalista (Unión Institucional)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Social Regionalista (Unión Institucional)

O Partido Social Regionalista (Unión Institucional) (PSR (UI)) foi un partido político español de filiación carlista tradicionalista que se formou co nome de Frente Institucional en 1974 baixo o impulso das Hermandades del Maestrazgo que dirixía Ramón Forcadell e Lucas María de Oriol. En 1975 adoptou o nome de Partido Social Regionalista e rexistrouse como partido político o 4 de outubro de 1976 como PSR (UI), converténdose nun dos primeiros cinco partidos rexistrados en España tras a ditadura franquista. Boa parte dos seus membros acabaron integrándose na Unión Nacional Española. En 1996 o PSR (UI) pediu o voto para o Partido Popular.