Partido Pirata
O Partido Pirata é un partido político sueco que busca a reforma das leis de propiedade intelectual e industrial, como o copyright e as patentes.
Índice |
[editar] Características
A súa plataforma política tamén apoia o reforzo do dereito de privacidad, tanto en internet como na vida real. O partido non se posiciona sobre outros temas polo que resulta imposible situalo en termos de dereita ou esquerda. Fundado o 1 de xaneiro de 2006, o partido contaría a principios de Xullo con 7.326 afiliados. Este rápido crecemento débese en parte ao protagonismo que tivo esta formación nas protestas contra a pechadura do servidor de intercambio P2P Pirate Bay por parte da policía sueca. Ante a perspectiva de que sectores do electorado novo apoiasen o Partido Pirata nas eleccións, algúns partidos tradicionais, como o Partido Verde, o Partido Moderado e o Partido de Esquerda víronse forzados a cambiar as súas posicións sobre o copyright.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Partido Pirata Español (PIRATA)
- Rickard Falkvinge
[editar] Ligazóns externas
- Pirat partiet (en sueco)
- Declaración de Principios Declaración de Principios (PDF) (en castelán)
- Partido Pirata Español (en castelán)