Partido Democrático de Albania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partido Democrático de Albania (Partia Demokratike e Shqipërisë en albanés) é un partido político albanés de dereitas.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse en 1990 e legalizouse o 19 de decembro dese ano. Foi fundamental na caída do goberno comunista en Albania e estivo no poder entre 1992 e 1997 dirixido por Sali Berisha e Aleksander Meksi. O goberno cesou logo dun conato de guerra civil que provocou que o Partido Socialista de Albania obtivese o poder. Nas eleccións de 2001 formou parte da coalición Unión para a Vitoria (Bashkimi për Fitoren) que conseguiu o 37.1 % dos votos e 46 escanos de 140. Nas eleccións de 2005 xa en solitario obtivo o 44.1% e 56 escanos na Asemblea de Albania e conseguiu volver ao poder, de novo dirixido por Sali Berisha, que se converteu en primeiro ministro.

Presidentes[editar | editar a fonte]