Partido Demócrata Posibilista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Partido Demócrata Posibilista foi o nome que adoptou en 1879 o Partido Demócrata, partido político español de ideoloxía republicana creado en 1876 por Emilio Castelar para diferenciarse do Partido Progresista Demócrata de Cristino Martos Balbi, no que se integrou boa parte en 1881. O seu órgano era El Pueblo Español, en Madrid. Cando a Restauración borbónica foi un feito, centrou o seu programa no sufraxio universal e na participación electoral sen cuestionar a monarquía, recibindo apoio do Partido Liberal. Cando se aprobou o sufraxio universal en 1890 integrouse no Partido Liberal.[1]

En Cataluña os principais dirixentes foron Eusebi Corominas i Cornell e Eusebi Pascual i Casas, que en 1878 fundaron o diario La Publicidad, e en Mallorca o principal dirixente foi Joaquim Fiol i Pujol, director de La Opinión (1879 a 1890) e de El Iris del Pueblo. O Partido Demócrata Posibilista disolveuse en 1890.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Avilés Farré, Juan; Elizalde Pérez-Grueso, María Dolores; Sueiro Seoane, Susana (2002). Historia política de España, 1875-1939. Col. Fundamentos nº 93. Madrid: Istmo. p. 85. ISBN 84-7090-320-9.