Partido Demócrata (Estados Unidos)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Partido Demócrata
Partido político Partido Demócrata (Democratic Party)
Ano fundación 1820(moderno) 1792 (histórico)
Ideoloxía Libelarismo, Progresismo
Posición Centroesquerda, Centro
Sede 430 South Capitol Street SE Washington, D.C. 20003
Ámbito Estados Unidos
Afiliación Internacional Ningunha
Secretario Howard Dean
Candidato ao Senado Harry Reid
Candidatos ao Congreso nancy Pelosi(portavoce)

Steny Hoyer(líder da maioría)

Web do partido www.democrats.org

O Partido Democráta é unha das dúas forzas políticas máis importantes dos Estados Unidos de América xunto co Partido Republicano. Actualmente é o principal partido da oposición ao actual presidente, o republicano George W. Bush. Nas últimas eleccións á Cámara de Representantes e ao Senado, celebradas o 7 de novembro de 2006, os demócratas obtiveron unha axustada vitoria que lles deu o control destas dúas cámaras. Pese a isto, o Partido Republicano segue controlando o goberno, polo que o Partido Demócrata terá que esperar ás proximas eleccións xerais que se celebrarán o 4 de novembro de 2008.

O seu símbolo é un burro, xeralmente representado en cores vermello e azul. Este último é considerado a cor oficial do Partido Demócrata, xa que é a cor coa que aparecen os estados dos Estados Unidos de América nos que gaña este partido político.

Ferramentas persoais