Partido Antirrevolucionario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abraham Kuyper, destacado membro do partido nos seus primeiros anos.

O Partido Antirrevolucionario (Anti-Revolutionaire Partij ARP) foi un partido político dos Países Baixos de ideoloxía democristiá e confesión protestante. Malia que o partido nunca superou o dez por cento dos votos desde a Segunda Guerra Mundial a súa influencia foi grande na política holandesa, o ARP foi un dos partidos que formaron a actual Apelación Demócrata Cristiá en 1980 o cal supuxo a disolución da propia ARP. En 1976 tiña 59.495 militantes

Aínda que desde a década de 1840 existía unha fracción antirrevolucionaria no parlamento holandés, o partido como tal formouse como reacción á lexislación escolar de 1878 e foi o primeiro grupo en dotarse dun programa e dunha organización nacional nos Países Baixos. O ARP era un partido protestante ortodoxo oposto ás ideas da Revolución Francesa. O ARP baseaba a súa política na Biblia e opúñase ao concepto de soberanía popular, era polo demais un partido nacionalista oposto á descolonización e partidario dunha política de defensa forte para manter uns Países Baixos neutrais, vía á monarquía da Casa de Orange como un vínculo histórico e relixioso co pobo holandés e opúñase a cambios no sistema político holandés; nos anos 60 e 70 a xustiza social converteuse nun punto importante no programa do partido.