Unipartidismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Partido único»)

Unipartidismo, sistema unipartidario ou sistema de partido único é un sistema partidario propio dos réximes autoritarios en que un único partido político é legal, confundíndose co propio Estado, sendo que legalmente non poden existir outros partidos. Ás veces o termo unipartidismo é utilizado para describir un sistema de partido dominante, en que existen outros partidos, máis as leis impiden a oposición de obter legalmente poder. Un réxime unipartidario non debe ser confundido cunha democracia non-partidaria que prohibe os partidos políticos. Este sistema pode xurdir de ideoloxías comunistas, fascistas ou nacionalistas, ou senón do proceso de descolonización, porque este partido tivo un papel importante nas loitas de independencia.

Concepto[editar | editar a fonte]

Os defensores do unipartidismo frecuentemente apelan a sentimentos de unión, forza e comuñón que un goberno unipartidario pode ofrecer ao Estado, argumentando que introducir un sistemas multi-partidario carrexa supostamente a división nacional e é impropio para o desenvolvemento económico e político. Este argumento foi particularmente popular durante mediados do século XX, utilizando como exemplo especialmente a Unión Soviética (aínda que a URSS é distinta doutros países, admitise a candidatura de políticos sen partido, cousa que o Brasil, por exemplo, só permite para militares en casos especiais), que se transformara dunha nación atrasada e agraria nunha superpotencia. Defensores tamén argumentan que outra vantaxe é a tendencia a adoptar políticas de longo prazo mentres estados multi-partidarias tenden a privilexiar a políticas á curto prazo en beneficio das eleccións periódicas.

Un contraargumento común é que se torna ríxido e pouco disposto a aceptar as mudanzas, asociándose ao final coa ditadura ao existir só un partido, no que se concentra exclusivamente o poder político co perigo de ignorar leis anteriores ou a Constitución do Estado, creando a través do partido unha ditadura. O unipartidismo non é considerado un sistema verdadeiramente democrático, debido ao traxe de que un partido único representa unha escolla única para o elector, non posuíndo ningunha outra opción. Aínda que moitas ditaduras fosen unipartidarias, isto un non é unha esixencia, por exemplo, nas ditaduras militares o poder político reside co exército, que exerce súa autoridade sen ter en conta os partidos políticos e eleccións, como ocorreu na Ditadura Brasileira.

Estados unipartidarios[editar | editar a fonte]

Na actualidade[editar | editar a fonte]

Antigas nacións unipartidarias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.