Parsippany-Troy Hills, Nova Jersey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Parsippany»)
Modelo:Xeografía políticaParsippany-Troy Hills, Nova Jersey
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°51′35″N 74°25′24″O / 40.8596, -74.4233Coordenadas: 40°51′35″N 74°25′24″O / 40.8596, -74.4233
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova Jersey
County of New Jersey (en) TraducirCondado de Morris, Nova Jersey Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación56.162 (2020) Editar o valor em Wikidata (853,9 hab./km²)
Número de fogares20.256 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie65,771 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude24 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal07054 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Sitio webparsippany.net Editar o valor em Wikidata

Parsippany-Troy Hills é un municipio do Condado de Morris, Nova Jersey, Estados Unidos. Aínda que este é o nome oficial, a meirande parte dos residentes e as referencias en Internet aparecen simplemente como Parsippany. Tanto Parsippany coma Troy Hills responden a localidades do municipio. O nome de Parsippany procede da palabra parsipanong, que na lingua nativa dos indios Lepane significa "o lugar onde o río serpea polo val".

Segundo o censo do ano 2000, a municipalidade tiña unha poboación de 50 649 habitantes.[1]

Parsippany-Troy Hills converteuse en municipio pola lei aprobada polo estado de Nova Jersey o 12 de marzo de 1928 a partir dunha porción da municipalidade de Hanover, con base nos resultados do referendo do 9 de maio de 1928.[2]

Parsippany-Troy Hills foi recoñecido pola magazine Money no posto 17 dos Mellores lugares para vivir nos Estados Unidos e no primeiro dos lugares de Nova Jersey[3].

Xeografía[editar | editar a fonte]

Lago Rainbow, Parsippany

Segundo o Oficina do Censo dos Estados Unidos (United States Census Bureau), o municipio ten unha área total de 65,80 km² (25,40 millas cadradas). Deles, 62 km² é terra e 3,80 km² de auga (o 5,82%).

Demografía[editar | editar a fonte]

O censo do 2000 recolle unha poboación de 50 649 persoas, 19 624 fogares, e 13 167 familias residentes no concello. A densidade de poboación era de 816 habitantes por km². Rexistra tamén 20 066 vivendas e unha densidade media de 323 casas por km².

A conformación racial do municipio era dun 74,28% de brancos, 3,11% afroamericanos, 0,12% de indios americanos, 18,06% Asiáticos, 0.06% de oceánicos, 1,90% doutras razas, e 2,48% de dúas ou máis razas. O 6,98% da poboación declárase hispánico ou latino de calquera raza.

Dos 19 624 fogares, o 29,5% ten fillos de menos de 18 anos vivindo con eles, o 56,2% eran matrimonios ou parellas, o 7,6% eran mulleres sen marido, e o 32,9% eran non-familias. O 27,1% de todos os donos das casas estaban conformadas por individuos e o 6,7% eran persoas maiores vivindo soas de máis de 65 anos de idade. A familia media consistía en 3,13 individuos.

A poboación consta destes treitos demográficos: 21,0% con menos de 18 anos, 6,7% entre 18 e 24, 35,2% entre 25 e 44,25,9% entre 45 e 64, e 11,2% de 65 anos ou máis. A idade media é de 38 anos. Por cada 100 mulleres hai 97,8 homes. Por cada 100 mulleres de máis de 18 anos hai 94,7 homes.

Os ingresos medios por fogar no municipio de Parsippany é de 68 133 dólares, e os ingresos medios por familia son de 81 041 dólares. Os homes teñen uns ingresos medios de 51 175 dólares por 38 641 das mulleres. A renda per capita do concello era de 32 220 dólares. O 2,6% das familias e o 3,9% da poboación están por debaixo da liña de pobreza, incluídos o 4,0% dos menores de 18 anos e o 6,3% de 65 ou máis.

Casa en Parsippany

Goberno local[editar | editar a fonte]

A forma de goberno do concello é similar á dos gobernos federal e estatal. Réxese pola Faulkner Act (tamén coñecida como Optional Municipal Charter Law). O alcalde e o concello son elixidos por separado. O alcalde funcio xefe executivo e o concello ten funcións lexislativas.2

Parsippany é un dos poucos municipios de Nova Jersey cun alcalde a tempo completo. O actual alcalde, Michael Luther, gaña un salario de 107.000 dólares. O seu pai, Henry Luther, foi o segundo alcalde de Parsippany de 1966 a 1973. Mayor Michael Luther, demócrata, gañou as eleccións por unha lixeira vantaxe co apoio de certos grupos de republicanos contrarios a unha moratoria no desenvolvemento do municipio. Michael Spector, candidato do Partido Verde e o independente Roy Messmer tamén se presentaron ás eleccións.

Educación[editar | editar a fonte]

O Distrito Escolar de Parsippany-Troy Hills School conta coas seguintes escolas:

Elementary Schools (Graos K-5)

Middle Schools (Graos 6-8)

High Schools (Graos 9-12)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. If You're Thinking of Living in: Parsippany-Troy Hills, The New York Times, February 23, 1992
  2. "The Story of New Jersey's Civil Boundaries: 1606-1968", John P. Snyder, Bureau of Geology and Topography; Trenton, New Jersey; 1969. p. 195.
  3. Best Places to Live 2006 Arquivado 27 de outubro de 2007 en Wayback Machine., Money magazine, consultado o 7 de agosto de 2006

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]