Parques Nacionais da República de Irlanda
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Parques Nacionais da República de Irlanda son seis e conforman unha rede de espazos protexidos de alto valor ecolóxico na República de Irlanda. Por data de nomeamento, o máis antigo deles é o de Killarney, establecido en 1932. Dende entón, outros cinco foron constituídos, sendo o máis recente o de Ballycroy. O máis pequeno é o coñecido como The Hurren que conta con 15 km2.
Listaxe de parques[editar]
| Nome | Imaxe | Condado | Superficie | Ano de constitución |
|---|---|---|---|---|
| Ballycroy | Condado de Mayo | 110 km² | 1998 | |
| Connemara | Condado de Galway | 30 km² | 1990 | |
| Glenveagh | Condado de Donegal | 170 km² | 1984 | |
| Killarney | Condado de Kerry | 105 km² | 1932 | |
| The Burren | Condado de Clare | 15 km² | 1998 | |
| Montañas Wicklow | Condado de Wicklow | 205 km² | 1991 |
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina oficial (en inglés)
|
|||||||