Parque Nacional dos Lagos de Plitvice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lago do parque

O parque nacional dos Lagos de Plitvice é o máis famoso dos parques nacionais croatas.

Índice

[editar] Localización e características

Está situado na rexión de Lika, a 44.85° N 15.62° cerca da fronteira con Bosnia Herzegovina unha paraxe onde se alternan lagos, cascadas e manantiais de marabillosa beleza. Esta rexión foi declarada Parque Nacional xa no ano 1949, e catalogada no Patrimonio da Humanidade UNESCO no 1970, cunha ampliación no 2000.

O Parque ten unha superficie próxima ás 30.000 hectáreas, 22.000 delas cubertas de bosques. A zona aberta ao público atópase no centro do parque, son 8 km² de val poboado de bosques, onde a hidrografía conformou unha paisaxe formada por 16 lagos de diferentes alturas comunicados entre eles por cascadas e cataratas. A vexetación está composta por faias nun 90%.

A visita realízase a pé a través de sendeiros e pontes de madeira, os lagos máis grandes son percorridos por silenciosas barcas. É tamén moi usual entre os turistas a celebración de vodas no pé das cataratas.

[editar] Xeoloxía

As augas, atravesando as rochas dolomíticas, disolven a rocha calcaria que é depositada formando barreras que separan os diferentes lagos, construindo covas e cavernas, e formando saltos de auga.

És una gran atracció turística i alguns es casen fins i tot sota les cascades.

Os lagos son alimentados polo río Negro (Crna Rijeka) e o río Branco (Bijela rijeka), e subdivídense en lagos superiores e lagos inferiores.

[editar] Lagos superiores

Un dos lagos pequenos do parque

Os principais lagos superiores son:

  • Kozjak (81,5 ha)
  • Prošćansko (68 ha)
  • Galovac (12,5 ha)
  • radinsko (8,1 ha)
  • Ciginovac (7,5 ha)
  • Okrugljak veliko (4,1 ha)
  • Veliki Jovinovac - Veliko Jezero (2 ha)
  • Mali Jovinovac - Malo Jezero (2 hа)
  • Batinovac (1,5 ha)
  • Veliki Burget (0,6 hа)
  • Vir (0,6 ha)
  • Milino jezero

[editar] Lagos inferiores

Os principais lagos inferiores son:

  • Milanovac (3,2 ha)
  • Kaluđerovac (2,1)
  • Gavanovac (0,7 hа)
  • Novakovića-brod (0,4 ha)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas