Parque da Prehistoria de Teberga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Parque da Prehistoria de Teverga»)
Parque da Prehistoria de Teberga
PaísEspaña
CidadeTeberga
Inauguración2007
Na rede
http://www.parquedelaprehistoria.es/
editar datos en Wikidata ]

O Parque Arqueolóxico da Prehistoria é un centro adicado a difusión e desfrute do paleolítico e as súas representacións artísticas. Localízase na poboación de Teberga, Asturias. Constitúe un dos centros de referencia neste ámbito do norte peninsular, con relacións e colaboracións con outros grandes centros do país e do sur de Francia.

Estrutura e contidos do parque[editar | editar a fonte]

O Parque sitúase nun extenso terreo, preto a Senda do Oso de Proaza, está formado por tres edificios deseñados polo arquitecto Dani Freixes, de forma que se integran na paisaxe, aportando ao visitante unha visión moi semellante á que contemplaron os homes e mulleres do paleolítico, coa idea de sumerxirlos nese momento da historia.

O primeiro edificio contén a recepción do Parque e a venda de entradas, así como un pequeno bar, unha tenda de recordos. Neste espazo tamén se atopan as intalacións nas que se realizan os talleres didácticos do Parque, orientados cara maiores e cativos.

Seguindo un sendeiro de grava que nos leva por enriba do río que cruza o Parque chegamos ao segundo edificio, que recibe o nome de "La Galería". Neste, podemos atopar unha explicación da arte e técnicas utilizadas polo home paleolítico para desenvolvela, apoiándonos en reoproducións en paneis dalgunhas das máis famosas covas con arte paleolítica, e útiles tanto técnicos como artísticos atopados en toda Europa. A elaboración dos contidos deste edificio, foi levada a cabo por un prestixioso comité de carácter internacional.

Ó final do Parque podemos atopar o último edificio, "La Cueva de Cuevas". Este último edificio, contén a reprodución fiel e completa de tres das grandes salas de arte paleolítica de Europa: A Sala dos Polícromos de Tito Bustillo, o Salón Negro de Niaux e o Camarín de Candamo. O edificio reproduce ademais as condicións reais da cova, permitindo ó espectador vivir esta experiencia como se realmente estivera nela.

Por último, no exterior do Parque, instalouse en marzo do 2014, un cercado adaptado, no que residen unha parella de bisontes europeos e outra de cabalos de Przewalski, animais propios do paleolítico e moi representados na arte dese momento. A idea, con estes animais, é a mesma que nos casos anteriores: que o visitante coñeza o mellor posible e de primeira man o mundo dos seus antepasados.

Oferta cultural e servizos[editar | editar a fonte]

No Parque lévanse a cabo de forma cotiá e baixo reserva, talleres didácticos, relacionados con diversas temáticas da Prehistoria, dirixidos a nenos e adultos. Algunhas das actividades a realizar son por exemplo, unha simulación dunha escavación arqueolóxica, caza prehistórica, lume etc. Tamén podemos gozar de pases guiados polas instalacións do Parque.

A parte destas actividades permanentes, realízanse numerosos cursos relacionados coa prehistoria, conferencias, e actividades máis didácticas, como mangas do Concurso de tiro con arco e azagaia, rutas a cabalo etc.

En conxunto, o Parque ofrécenos unha abundante axenda cultural, con numerosos eventos a realizar, de forma que o visitante goze completamente a sensación de volta á prehistoria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]