Parque Natural dos Vales Occidentais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vales Occidentais
O Bisaurin
Marco Legal
Figura de Protección: Parque Natural
Ano de constitución: 2006
Superficie: 27.073 hectáreas
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Huesca
Concellos: Aísa, Ansó, Aragüés del Puerto, Borau, Jasa, Valle de Echo e Canal de Berdún
Ríos: Veral, Aragón, Osía, Estarrún
Picos Alano (2.167 m), Peña Forca (2.391 m), Castillo de Acher (2.391 m), Punta Agüerri (2.449 m), Bisaurin (2.676 m) e Pico de Aspe (2.640 m) e La Cuta (2.147 m)
Direccións de interese: Ansó
Teléfonos: 974 37 02 10

O Parque Natural dos Vales Occidentais é un parque natural situado no extremo occidental do Pireneo aragonés, formada polos vales da comarca da Jacetania. Con preto de 2000 quilómetros cadrados, contén toda a conca alta do río Aragón e os seus afluentes: Lubierre, Estarrún, Aragón Subordán, Veral, Majones e Escá. Debido ás diferentes altitudes e as diferentes orientacións; nestes vales existen 3 zonas ben diferenciadas: Ó norte atópanse os altos vales influídos pola existencia de antigos glaciares cuaternarios. As paisaxes foron alteradas polo xeo ó longo de séculos. Os bosques de faias, abetos, carballeiras e piñeiros son favorecidos pola alta pluviosidade e son fogar de diversas especies animais coma a pita do monte. Existen nesta zona unha reserva nacional de Caza e unha ZEPA.

Máis ó sur, atópase o Canle de Berdún cuberto maioritariamente por cultivos de cereais e chopos. No extremo sur atópanse as formacións rochosas da Serra de San Xoán da Peña (Monumento Natural) e da Peña Oroel cuberta por carballos e piñeiros, sendo estes un dos bosques caducifolios mellor conservados da Península Ibérica.

O parque é refuxio dos últimos osos pardos dos Pireneos. Outras especies a salientar son o Peto montañés, o armiño, o Gabeador vermello ou a Rosalía alpina, un escaravello de cor azulada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Espacios Naturales de interés en Aragón. Departamento de Industria, Comercio e Turismo do Goberno de Aragón (en castelán)