Parque Natural dos Alcornocales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcornocales
Imaxe do Parque Natural
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 18 de xullo de 1989
Superficie: 170.025 hectáreas
Lexislación: Art.7 da Lei 2/89 do 18 de xullo
Datos de interese
País: España España
Provincias: Flag Cádiz Province.svg Cádiz Flag Málaga Province.svg Málaga
Concellos: Alcalá de los Gazules, Algar, Alxeciras, Arcos de la Frontera, Benalup, Benaocaz, Castellar de la Frontera, El Bosque, Jerez de la Frontera, Jimena de la Frontera, Los Barrios, Medina Sidonia, Prado del Rey, San José del Valle, Tarifa, Ubrique, Cortes de la Frontera
Ríos: Guadiaro, Barbate, Guadalete, Jara, Guadarranque, Palmones, Miel, Guadalmesí
Picos Pico do Aljibe (1.092 metros)
Direccións: Carretera Alcalá-Benalup Km 1. Alcalá de los Gazules, Cádiz
Teléfonos:


O Parque Natural dos Alcornocales (ou Parque Natural das Sobreiras traducido literalmente ó galego) atópase en Andalucía. Esténdese polas provincias de Cádiz e Málaga (nesta última só no concello de Cortes de la Frontera).

Descrición do parque[editar | editar a fonte]

Este parque contén algo máis de 170.000 hectáreas de fragas mediterráneas. Con forma de lingua, a masa forestal esténdese dende as praias de Tarifa ata o Parque Natural Serra de Grazalema. As forestas son posíbeis grazas ás temperaturas medias e á gran pluviosidade. Ademais a presenza de néboas e brumas fan que as secas non sexan habituais. O vento máis frecuente é o de Levante, que favoreceu nos últimos tempos a aparición de centrais eólicas e un turismo de lecer relacionado coas actividades deportivas asociadas o vento. A presenza humana na área do parque remóntase á Idade de Bronce. Existen restos de ducias de poboados que testemuñan a presenza de poboacións recolectoras e cazadoras. Tamén son testemuñas desta época os vestixios de pintura rupestre ou as tumbas escavadas en rochas. Posteriormente, a área do parque foi zona de paso de fenicios, gregos, romanos e musulmáns. En canto o patrimonio citar o Mosteiro do Corvo (Monasterio del Cuervo en castelán), construído pola orde dos carmelitas descalzos e hoxe en día abandonado.

Flora[editar | editar a fonte]

Ademais das sobreiras podemos atopar carballos ananos, rododendros ou fentos (especie moi rara en Andalucía e máis propia do clima atlántico). O sotobosque tamén ten unha gran distribución e calidade coa presenza de queiroas, estevas e orquídeas. Nas zonas máis secas e rochosas salientar a presenza da planta carnívora Drosera stenopetala. Durante séculos a explotación das forestas foi a actividade económica principal. Así as queiroas empregáronse coma materiais de construción ou vasoiras e os freixos para faceren utensilios de cociña. Pero a especie de maior valor económico foron e son as sobreiras, cuxa cortiza emprégase para os tapóns das botellas, para carteiras ou coma illante acústico e térmico.

Fauna[editar | editar a fonte]

Imaxe do parque

A presenza da auga garante a supervivencia de 11 especies diferentes de anfibios, dende píntegas ata varios tipos de ras. Pola súa situación o parque é paso das aves migratorias que volven a África no outono. As aves rapaces merecen unha consideración especial polo seu número e variedade. Así son frecuentes a aguia cobreira, o lagarteiro, o azor, o miñato real, a aguia perdiceira, o voitre branco e o voitre común (que conxuntamente con Grazalema dispoñen nesta zona dunha das maiores poboacións de toda Europa). Debido a isto existe no parque o Centro de Recuperación de Aves Rapaces El Pelayo para o estudo e recuperación de aves feridas. Entre os mamíferos é frecuente o corzo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]