Parque Natural do Delta do Ebro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do Delta do Ebro.

O parque natural do Delta do Ebro, chamado Parc Natural del Delta de l'Ebre en catalán, localízase na desembocadura do río Ebro, na provincia de Tarragona, entre as comarcas do Baix Ebre e do Montsià, na parte máis meridional de Cataluña. Foi declarado parque natural en agosto de 1983, e ampliado en 1986. En 2010 contaba cunha extensión total de 7.736 hectáreas (3979 hectáreas no hemidelta dereito e 3757 hectáreas no hemidelta esquerdo).

O río Ebro, o máis caudaloso da península Ibérica, é o principal responsable desta contorna, achegando os materiais arrincados da súa cabeceira para depositalos aquí, na conxunción co Mediterráneo. Os sedimentos son por tanto, materiais provenientes dos Pireneos, o sistema Ibérico e a Cordilleira Cantábrica, lugares de onde nace o río e afluentes del. A cantidade de materiais sedimentados crearon unha superficie de máis de 320 km², na que se formaron numerosos hábitats. A actual forma do Delta é unha "frecha" perfectamente debuxada que penetra preto de 22 km no mar, creando así o terceiro maior delta do Mediterráneo tras o Delta do Nilo con 24.000 km² e o do Ródano, que abarca unha superficie de 500 km².

O delta do Ebro é a zona húmida máis grande de Cataluña e unha das máis importantes de Europa Occidental detrás do parque rexional da Camarga en Francia e do parque nacional de Doñana no sur de España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]