Parque Natural de Redes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Redes
Parque Natural de Redes
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 1996
Superficie: 37.803 hectáreas
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Asturias
Concellos: Caso, Sobrescobio
Ríos: Nalón
Picos Picu Torres (2.104 metros)
Direccións de interese: Centro de Visitantes Campo de Caso
Teléfonos: 985 60 81 10

O Parque Natural de Redes atópase en Asturias na Comarca do Nalón.

Descrición do parque[editar | editar a fonte]

Este parque, contén unha das forestas de faias máis importantes da Cordilleira Cantábrica. A súa grande extensión e bo grao de conservación fan posible a presenza dunha gran mostra da fauna do bosque caducifolio. Foi declarada Reserva da Biosfera no 2001.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Ademais das faias, son destacábeis as fragas de carballos (quercus petraea), o freixo e o acivro (Ilex aquifolium). Entre os arbustos pódense nomear a arandeira (vaccinium myrtillus) ou a queiroa (calluna vulgaris). O rebezo, o corzo, o lobo, o gato montés, a marta, o leirón rabudo, a lebre de piornal e a lebre europea son os mamíferos máis representativos e habituais. Presenza esporádica do oso pardo, namentres o cervo foi reintroducido hai décadas. Nas aves cómpre salientar a arcea, o peto mediano, peto negro, peto real e a aguia real.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]