Parque Natural de Fuentes Carrionas e Fuente Cobre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fuentes Carrionas e Fuente Cobre
Imaxe do Parque Natural
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 2000
Superficie: 78.300 hectáreas
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Palencia
Concellos: Velilla del Río Carrión, Aguilar de Campóo, San Cebrián de Muda, Cervera de Pisuerga, Triollo, Polentinos, Brañosera, La Pernía, Castrejón de la Peña, Dehesa de Montejo
Ríos: Carrión
Picos Espiguete (2450 metros), Curavacas (2520 metros), Peña Labra (2018 metros)
Direccións de interese: Servizo Territorial de Medio Ambiente de Palencia
Teléfonos: 9797 15515

O Parque Natural de Fuentes Carrionas y Fuente Cobre (Parque Natural de Fontes Carrionas e Fonte Cobre en galego) é un parque natural que se atopa en Castela e León, estendéndose pola provincia de Palencia.

Flora[editar | editar a fonte]

Importantes fragas de aciñeiras e de carballos, das cales pódense atopar as variedades albariño (Quercus petraea), cerquiño (Quercus pyrenaica) e común (Quercus robur). Presente o bidueiro, os teixos (especialmente no val de Torande) e a arandeira.

Fauna[editar | editar a fonte]

As xoias do parque son o oso pardo, o lobo, o peto negro e o pico mediano. Salientar ademais a presenza de importantes poboacións de aves forestais coma o pardal alpino, a azulenta alpina, o papoazul, o verderolo serrano e o gabeador vermello.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]