Parque Nacional de Puracé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puracé

Popayan.jpg Fotografía dende Popayán. Ao fondo o Volcán Puracé

Denominación Parque nacional
Localización Departamentos de Cauca e Huila en Colombia
Municipios máis próximos Almaguer, Puracé, San Sebastían, Sotará, La Argentina, La Plata, Isnos, Soladoblanco e San Agustín.
Área 83.000 ha
Ecosistemas principais Selva Húmida do Piso Térmico Frío, Páramo, Super Páramo e Nival.
Clima Entre un piso térmico frío e o de neves perpetuas
Temperatura 4 a 15 °C
Concas Hidrográficas Río Magdalena, Río Cauca, Río Caquetá y Río Patía.
Data de creación 1961
Administrado por Dirección de Parques Nacionales Naturales do medio ambiente de Colombia

O Parque Nacional Natural Puracé atópase na Rexión Andina de Colombia pertencente á Cordilleira Central dos Andes en Colombia. A súa superficie forma parte dos Departamentos de Colombia do Cauca e o de Huila.

Dentro da magnífica paisaxe deste Parque Natural, érguese, egrexio, o Volcán Puracé. Tamén, nese mesmo Parque, está parte do Macizo Colombiano, onde nacen catro dos ríos máis caudaloss de Colombia: o río Magdalena, o Cauca e o Patía.

Xeneralidades[editar | editar a fonte]

É unha zona volcánica, reflectida nas numerosos depósitos axofrados. Abrangue trinta lagoas, ideais para curas de saúde e descanso. Está considerado a estrela hidrográfica colombiana, xa que nos seus cumes nacen os ríos Magdalena, Cauca e Caquetá. Fai parte do cinturón andino declarado pola UNESCO reserva da biosfera en 1979.

Como chegar[editar | editar a fonte]

A Popayán, Capital do Departamento do Cauca chégase vía aérea, dende Bogotá. Tómase logo a vía terrestre até a poboación que herdou o nome do volcán: Puracé. Son 44 44 quilómetros, e leva normalmente media hora. A estrada está en bo estado. De Puracé débese chegar ao punto denominao "El Crucero", e logo -a un quilómetro de distancia- a fermosa zona recreativa de Pilimbalá.



Comunidades[editar | editar a fonte]

Fotografía da zona de Puracé

A súa zona de influencia serve de agocho indíxena á etnia Cocunuco, sector de Pilimbala, onde a mesma comunidade ofrece cómodos aloxamentos e comida típica. Tamén hai un asentamento indíxena guambino.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Este parque forma parte da rexión hidrolóxica do río Bravo, e nel atópanse as concas dos ríos río Pesquería|Pesquería]], Ramos, Santa Catarina e San Juan. Entre todos destaca o Santa Catarina xa que é o que máis se esparexe pola zona.

Clima[editar | editar a fonte]

Está considerado entre un piso térmico frío e o de neves perpetuas.

Flora[editar | editar a fonte]

Os bosques cheos de porte pequeno, orquídeas, chusques, musgos, arbustos...

Fauna[editar | editar a fonte]

Dentro das especies que máis se destacan na área atopámonos o cóndor, o colibrí, o cervo coello, o cervo vermello, danta, o oso de anteollos, o armadillo, o loro de orellas amarelo, a papagaio de montaña, o mono ouveador, o esquío, a pava colorada e a pava mora.

Atractivos do Lugar[editar | editar a fonte]

O Parque Nacional Natural ofrece o servizo de ecoturismo; conta coa infraestrutura para aloxamento no sector Pilimbalá con tres cabanas coa capacidade para seis persoas cada unha e catro espazos para camping coa capacidaade par cinco persoas cada tenda. Actualmente está aberto ao público.

Pódense facer as seguinte actividade eco turísticas:

• Sendeirismo
• Termalismo
• Fotografía
• Observación de fauna e flora
• Contacto cultural


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]