Parque Nacional Bialowieza
O Parque nacional Bialowieza atópase no leste de Polonia, próximo á fronteira con Belarús.
Características[editar | editar a fonte]
Existen importantes masas de bosque primario, non afectado pola influencia humana. Estas forestas conteñen unha gran variedade de especies: dende coníferas coma o abeto e o piñeiro rubio ata especies caducifolias coma o freixo, o carballo común e o lamigueiro. O parque nacional foi creado no 1932 e conta cunha superficie de 10.500 hectáreas. Posteriormente, no 1977, a área foi declarada reserva da biosfera.
Fauna[editar | editar a fonte]
A especie emblemática do parque é o bisonte europeo (bison bonasus bonasus). Trala súa extinción en estado salvaxe, foi reintroducido na zona no 1929 e hoxe conta cunha importante poboación. Tamén podemos atopar o cervo, o castor e o lince común. Entre as aves, salientan o grévol, a aguia pomerana e a cegoña negra.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web oficial do parque (en inglés).