Paros - Πάρος

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paros - Πάρος
Vista da illa
Paros-paroikia.jpg
Datos
Capital Parikia
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas Grego
Poboación (2001) 12.853 hab.
Superficie 196´308 km²
Densidade
Coordenadas 37°5′N 25°9′E / 37.083°N 25.150°E / 37.083; 25.150
Maior Altura 724 m. Monte Marpissa
Localización
Localización  da illa

Paros (grego Πάρος, latín Parus) é unha pequena illa grega situada no Mar Exeo, ao sur de Delos e ao oeste de Naxos. da que está separada por unha canle. Pertencente ao conxunto das Cícladas, é a terceira en tamaño con 207 Km² de extensión e 118 km de praias. É unha illa sen apenas vexetación, montañosa e con grandes extensións chairas aptas para o cultivo. Posúe dous grandes golfos naturais, o de Naussa e o de Parikia. Ten unha poboación de 15.000 habitantes, coñecidos polo xentilicio de parios.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigüidade[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes da illa foron os carios que se instalaron alí no mesolítico, sobre o -7500 - -6500.

Nun illote, entre Paros e Antiparos, os arqueólogos descubriron as máis antigas pegadas de hábitat nas Cícladas (-5300 - -4500). As illas de Paros, Antiparos e Despotico foron ocupadas durante todo o período protocicladico (-3200 - -2200/-2000): civilización «Pilou-Lakkoudon», civilización «Keros-Siros», civilización «Filacopí-Polis I» , logo civilización «Filacopí-Polis II».

Os cretenses dominaron a illa durante a época minoica. Fixeron dela un gran porto estratéxico. A lenda conta que o rei Minos sacrificaba ás Grazas en Paros cando lle informaron do asasinato do seu fillo Androgeo en Atenas. El continuou o sacrificio, pero rexeitou a coroa que adornaba a súa cabeza e parou as música das frautas rituais. Explícase así o carácter particular dos sacrificios ás Grazas en Paros na antigüidade: sen coroas de flores nin música. Androgeo tivera dous fillos, Alceo e Esténélo, a quen Minos establecería en Paros cos seus tíos, os fillos que el tivera coa ninfa Paria: Nefalión, Eurimedonte, Criseo e Filolao. É así como a mitilogía explica a dominación minoica da illa.

A lenda di que foi colonizada por Paros de Parrasia, que levou á illa unha colonia de arcadios. Os supostos nomes antigos foron Plateia (ou Pactia), Demetrias, Zacinto, Hiria, Hileessa, Minoa e Cabarnis. Atenas enviou unha colonia de xonios que achegaron prosperidade e crearon colonias en Thasos, e a de Parion no Helesponto.

Habitada desde a prehistoria, a súa historia é relevante a partir da civilización micénica, posteriormente, na civilización minoica ou cretense e nas guerras médicas coñeceu o seu maior apoxeo.

Patria do poeta Arquíloco e sede do Arquiloqueo, templo dedicado ao poeta polos seus compatriotas logo de morto. Famosa na antigüidade polo seu mármore.

Ao comezo das guerras médicas a illa dependía de Naxos e estaba á beira de Persia, e enviou unha nave á batalla de Maratón. Como castigo foi arrasada pola flota ateniense dirixida por Milcíades que pediu un tributo de 100 talentos, pero a cidade resistiu e obrigou aos atenienses a retirarse logo de 26 días de asedio. No templo de Deméter en Paros, Milcíades recibiu a ferida da que morreu. Logo da batalla de Artemision, a illa, que continuaba sendo aliada de Persia, mantivo a neutralidade á espera dos acontecementos. Temístocles impúxolle un tributo ao final da guerra e entrou na confederación de Delos, onde pagaba o tributo máis alto de todas as illas (30 talentos).

O goberno foi democrático, dirixido por un senado, pero na época da guerra do Peloponeso, en -410, xa governaba a oligarquía, cando foi alí o xeneral ateniense Teramenes e restaurou a democracia. En -387 entrou na nova confederación ateniense. En -385, en cooperación con Dionisio I de Siracusa, fundou unha colonia na illa chamada Faros en Iliria.

En -357 separouse da confederación, pero perdeu importancia política. Logo da morte de Alexandre o Grande dependeu uns anos dos Ptolomeos.

Pasou a Roma e a Bizancio, e logo de 1207 foi parte do ducado de Naxos, dentro do cal formou unha señoría. En 1573 pasou aos otománs e en 1830 foi recoñecida parte de Grecia.

Na illa atopouse a Crónica de Paros.

Escavacións e restos arqueolóxicos[editar | editar a fonte]

Na illa de Paros foi descuberta a cidade homónima que restituíu restos de muros e un templo xónico do século -VI sobre a acrópole xa habitada en época micénica.

Poucas son as pedras que permanecen en pé do recinto sacro. Do templo só restan os cimentos e algúns elementos que, aínda que pertencentes á lugar sacro, apareceron como aproveitados e reutilizados noutras construcións moito máis tarde.

Tamén sobre o outeiro de Castro existen restos arqueolóxicos. Corresponden ao santuario de Apolo cun templo dórico (século -VII - -VI) e dous altares dedicados a Artemisa, ambos pertenecentes á época arcaica pero a períodos sucesivos.

Fóra da zona habitada de Paros e xunto a moitos outros epígrafes, A. Orlando recuperou en 1961 o que se refire ao poeta Arquíloco. A inscrición está gravada nun capitel corintio posterioremente reutilizado e atopado nunha basílica medieval.

Probablemente non lonxe achábase o heroon (tumba) do poeta, que participaría co seu pai na colonización de Thasos.

Tamén poderían pertencer ao monumento algúns relevos funerarios atribuídos á primeira metade do século -VI.

Porto antigo de Paros[editar | editar a fonte]

A illa de Paros tivo un porto marítimo florecente durante a antigüidade. Fundou colonias, tales como Thasos no século -VIII e a illa de Faros na costa dálmata no século -IV. o Eforato grego supervisou os portos de Paroikia e Naoussa entre o 6 e o 11 de setembro de 1979. En Paroikia, o equipo de arqueólogos do Eforato achou varias estruturas baixo o mar na zona do porto. Primeiro, varios bloques de mármore, e de pezas de calcaria utilizados na arquitectura, foron achadas no porto A unha profundidade de entre un e seis metros. columnas de mármore de diferentes tamaños foron tamén descubertas moi preto da costa no porto. Unha pequena columna de mármore de 36 cm de diámetro estivo afundida a unha profundidade de seis metros. Ao noroeste desta columniña acháronse dúas columnas de mármore, de 1´30 m e 2´80 m de diámetro, de pé na area.

Dous grandes bloques rectangulares de mármore, o máis grande medía 3,1 m de longo, foron achados tombados no fondo. Outra columna de mármore dunha lonxitude de 4´35 m, estaba tombada na area á beira doutras columnas de diversos tamaños. É posible que estas columnas e bloques formasen o material dun edificio de mármore erixido no paseo do antigo porto cerca do mar. Con todo, é igualmente posible que estes bloques formasen parte dun edificio fabricado para exportar ao continente, onde sería ensamblado (Gruben, 1972 : 28-9). Os bloques de mármore son do mesmo tipo que os achados nunhas ruínas preto de Crotone, en Italia (Pensabene, 1978 : 105-118).

Na baía de Paroikia, varias estruturas foron atopadas. Un grande edificio con varias salas foi achado moi preto da praia. Os muros estaban formados de creta e de gneis. Rubensohn realizara un plano deste edificio e pensaba que se trataba dunha construción romana. A parte alta deste espigón áchase a unha profundidade de dúas a tres m da superficie. A estrutura ten forma de lingua. En sección, este dique ten forma de rampla cunha depresión circular de dous metros de longo e un metro de profundidade. En Naoussa, ao norte da illa, tres diques foron localizados así como cerámicas romanas do século -I, e bizantinas.

Igrexa da Panaghia Ekatontopiliani[editar | editar a fonte]

Igrexa da Panaghia Ekatontopiliani

Igrexa da "Virxe das Cen Portas", é un inmenso edificio de pedra (e non encalado como todas as outras igrexas das Cícladas) e cuberto de tellas.

O seu nome provén de "Katapoliani": fóra da cidade, despois de que estivera longo tempo situada no desvío do burgo orixinal ao redor do Kastro. Theodore Bent en 1894 situábaa aínda "a cinco minutos de marcha de Paroikia". El non había, di, contado as portas, pero dubidaba de que fosen cen. suxería que habería que engadir as fiestras, xa que a igrexa estaba rodeada dun claustro e dun mosteiro.

De feito, o nome sería corrompido durante a ocupación otomá. A lenda querería que a igrexa non tivese máis que 99 portas e que a centésima aparecese por milagre cando Constantinopla fose reconquistada.

Une lenda atribúe a fundación da igrexa a Santa Helena, a nai do emperador Constantino I. Unha lenda diferente elixiu a outra gran figura bizantina, Xustiniano I, que mandaría a Ekatontopiliani a un alumno de Isidoro, o arquitecto de Santa Sofía.

Baptisterio do século IV

As escavacións do profesor Orlando nos anos 1960 sacaron á luz un baptisterio e un atrium, que proban que as primeiras construcións remóntanse ao século IV.

A primeira igrexa estaba no que actualmente é a capela de San Nicolás. O edificio foi modificado no século X. Foi prexudicado por un terremoto en 1733. O profesor Athanasios Orlando deulle o aspecto que ten hoxe como resultado dos seus traballos científicos entre 1959 e 1966. É el quen elixiu deixar pedras e tellas aparentes. A igrexa principal é en plano centrado. A cúpula central é sostida por un tambor perforado con fiestras e catro colgantes, ou trompas de ángulo, adornados con serafíns. O conxunto está construído con pedras porosas coloreadas (principalmente en verde e vermello) o que engade unha sensación de lixeireza que inspira a cúpula.

A igrexa dispuña dun piso, reservado ás mulleres (xineceo).

O arquitrabe do iconostasio remóntase a século VI, como o ciborio, un dos máis antigos coñecidos. O synthronon episcopal está formado de 7 banzos semicirculares de mármore recuperado nas ruínas do teatro antigo. Baixo o synthronon corre a fonte milagrosa na que bebería san Teocristi, un santo pario enterrado nunha das capelas laterais.

San Teocristi sería un mozo do século VIII, orixinario de Mitilene. Raptado con 18 anos polos piratas, lograra escapar do barco. Había encallado en Paros onde viviu como asceta na igrexa de Ekatontopiliani. Esta lenda podería corroborar pois o feito que Paros sexa abandonada en época bizantina. Teocristi viviría así trinta anos antes de ser descuberto por un cazador que foi asustado por este esqueleto fantasmagórico. Á súa morte, volveuse patrón da illa e foi enterrado en Ekatontopiliani.

Ekatontopiliani é un importante lugar de peregrinación para a Asunción, case igual que Tinos.