Pardela de Bulwer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ovo de pardela de Bulwer (Bulweria bulwerii)

A pardela de Bulwer[2][3] (Bulweria bulwerii) é unha pardela pequena, unha das dúas únicas especies do xénro Bulweria (descrito por Charles Lucien Bonaparte, en 1843). Esta ave recibiu o seu nome en homenaxe o naturalista escocés James Bulwer, que recolleu os primeiros exemplares na illa de Madeira.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha ave de ás moi longas: 78 a 90 cm de envergadura fronte ós 25 a 29 cm de longo do corpo. A plumaxe é castaña e teñen unha cola longa e apuntada. Voa recordando a xeito de boia e con moitos xiros mentres recolle alimento de tipo planctónico na tona da auga do mar.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É unha ave mariña que cría no norte do océano Atlántico, en colonias nas illas de Cabo Verde, Azores, Canarias e Madeira.

Crían tamén en illas ó longo do Pacífico norte, dende o leste da China a Hawai. Despois da reprodución, dispérsanse para pasa-lo resto do ano no mar, en xeral en augas tropicais. Exemplares illados apareceron nas costas de Irlanda, Gran Bretaña, Portugal e os Países Baixos e tamén na costa norteamericana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Bulweria bulwerii". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "pardela de Bulwer". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2005). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]